Estás en:Novas
A modificación aprobada da RPT, contribúe á mellora dos servizos Públicos e á creación de postos de traballo por medio da inclusión De 17 novos postos coas súas prazas asociadas,

Modificación da RPT 2021 e Teletraballo

A Corporación inicia a fase de diálogo para o establecemento dun Regulamento de teletraballo tras solicitalo todos os sindicatos Presentes na mesa de negociación

Modificación da RPT 2021 e Teletraballo

Hoxe reuniuse a Mesa Xeral de Negociación para tratar a modificación da RPT, o cadro de persoal e o organigrama e iniciar o diálogo para o establecemento dun regulamento de teletrabalo.

A modificación aprobada da RPT, contribúe á mellora dos servizos Públicos e á creación de postos de traballo por medio da inclusión De 17 novos postos coas súas prazas asociadas, os cales se relacionan a continuación:

- Catro prazas e postos de Técnico/a de xestión tributaria, administración especial, subgrupo A2, nivel 21, que desempeñarán as súas funcións con carácter rotatorio entre as distintas unidades de atención ao contribuínte.
- Dúas prazas e postos de profesor/a de secundaria, administración especial, subgrupo A1, nivel 24, especialidade: un de bioloxía e outro de lingua inglesa.
- Praza e posto de profesor/a de secundaria, administración especial, subgrupo A1, nivel 24, especialidade: sistemas electrotécnicos e automáticos.
- Praza e posto de profesor/a técnico/a de formación profesional, administración especial, subgrupo A2, nivel 24, especialidade: mecanizado e mantemento de máquinas.
- Dúas prazas e postos de Técnico de xestión de administración xeral, subgrupo A2,nivel 21, para o PEL.
- Praza e posto de Técnico/a de políticas de igualdade, administración especial, subgrupo A1, nivel 22.
- Praza e posto de Titor/a de garda, administración especial, grupo B, nivel 19.
- Posto de Xefatura de negociado para a fiscalización de subvencións de entidades con ánimo de lucro, nivel 22, con praza vinculada de Técnico/a de administración xeral, dependente da Xefatura de sección control III.
- Praza e posto de Letrado/a asesor/a adxunto/a, administración especial, subgrupo A1, nivel 26, especial dedicación.
- Praza e posto de Técnico/a de deportes, administración especial, subgrupo A1, nivel 22, aberto a outras administracións (A3). Titulación requirida: Grao en ciencias da actividade física e do deporte ou equivalente.
- Posto de Xefatura de sección de prensa, nivel 24, especial dedicación con praza asociada de Técnico de administración xeral, subgrupo A1 e aberto a outras administracións (A3).
- Praza e posto de Técnico/a superior, administración especial, subgrupo A1, nivel 26, especial dedicación e aberto a outras administracións (A3). Titulación requirida: Grao ou licenciatura universitaria en dereito.

Aínda que se inclúen algunhas cuestións que non nos gustan demasiado, principalmente a apertura dalgúns postos a persoal doutras administracións, entendemos que non podemos facer outra cousa que apoiar a que constitúe a maior creación de postos de traballo nesta Deputación desde hai máis de 20 anos.

Doutra banda, iniciouse o diálogo que debería conducir na maior brevidade posible, á aprobación dun regulamento de teletraballo, que con carácter xeral e para situación ordinarias, estableza as condicións para esta forma de prestación de servizo por parte do persoal desta Deputación.