Estás en:Novas

Oferta de Emprego Públcio 2021

A Oferta de Emprego Público 2021 contempla 25 prazas resultantes de aplicar a taxa de reposición

Oferta de Emprego Públcio 2021

Hoxe reuniuse a Mesa Xeral de Negociación para tratar a Oferta de Emprego Público (OEP) 2021, quenda libre. A proposta da Corporación foi aprobada co apoio de CCOO porque consideramos prioritario a aprobación da OEP para que poida haber convocatoria de prazas previas aos procesos de estabilización.

A Oferta de Emprego Público 2021 contempla 25 prazas resultantes de aplicar a taxa de reposición, que segundo a normativa vixente corresponde o 110% para este ano. No anexo achegamos a listaxe de prazas ofertadas que foron aprobadas na mesa de negociación e que están pendentes de aprobar pola Xunta de Goberno. A meirande parte de prazas que saen na OEP están sen cubrir ou cubertas nos últimos 12 meses o que fai que case non avance a lista de interinos (na actualidade hai 63 prazas vacantes pendentes de saír a OEP, das cales 29 están ocupadas con posterioridade a xaneiro de 2017).

Respecto aos procesos de estabilización, lamentablemente, a día de hoxe a lexislación só permite participar en procesos de estabilización ás prazas que estivesen ocupadas de forma temporal e ininterrompida ao 1 de xaneiro de 2015, cousa que xa fixo a Deputación. Efectivamente, a lei de orzamentos xerais do Estado de 2018, no seu artigo 19.9 ampliaba a Estabilización aos tres anos anteriores a 31 de decembro de 2017 (na lei de orzamentos de 2017 establecíase como data os tres anos anteriores a 31 de decembro 2016). Logo de dous anos sen orzamentos esperábase que a lei de acompañamento dos orzamentos 2021 ampliase a Estabilización ao 31 de decembro de 2016, mais a dita lei non incluíu modificación algunha, con todo, unha Proposición Non de Lei aprobada maioritariamente insta á modificación urxente do EBEP para dar resposta ás diferentes sentenzas sobre a temporalidade na administración, abrindo un diálogo coas Comunidades Autónomas e coas centrais sindicais a nivel estatal, así pois, consideramos que é conveniente esperar a coñecer o texto definitivo da devandita modificación para comprobar se inclúe algunha ampliación nos prazos ou se permite algunha mellora nos procedementos, e así articular os mecanismos que permitan desenvolver os procesos nas mellores condicións posibles.

Por outra banda queremos aclarar que a día e hoxe non existen bases de estabilización aprobadas, nin se inicio o proceso formal de negociación das mesmas coa Corporación, e que a Xunta de Persoal é un órgano de representación do persoal funcionario, pero a negociación coa Corporación realizase na Mesa Xeral de Negociación polos sindicatos que acadaron suficiente representación, que no caso da Deputación son CIG, UGT e CCOO. Por este motivo CCOO non se pronuncia neste órgano sobre as propostas realizadas unilateralmente por outros sindicatos, reservando as nosas propostas para negociar coa Corporación na Mesa Xeral de Negociación, onde realmente corresponde a determinación das condicións do traballo e participación do persoal ao servizo das administracións públicas (Lei 21/2006).
Por último indicar, que CCOO é consciente da difícil situación que atravesa o persoal interino, especialmente o de longa duración. Por este motivo e para evitar xerar máis estres ao dito persoal, preferimos informar obxectivamente sobre a situación á que se enfronta sen xerar expectativas que no caso de non cumprirse provocarían frustración.

ANEXO. PRAZAS INCLUÍDAS NA OEP 2021
CÓDIGO PLAZA  GRUPO CLASIFICACIÓN DENOMINACIÓN PLAZA
1.1.3.243              C1          AG 1 ADMINISTRATIVO/A ADMON. GRAL.
1.1.111.51             C2          AE 1 AUXILIAR EDUCADOR/A (NOCTURNO/A)
1.1.3.154              C1          AG 1 ADMINISTRATIVO/A ADMON. GRAL.
1.1.72.3                C2          AE 1 CONDUCTOR/A
1.1.5.33                AP          AG 1 SUBALTERNO/A
1.1.138.12            B            AE 1 EDUCADOR/A INFANTIL
1.1.138.11            B            AE 1 EDUCADOR/A INFANTIL
1.1.138.10            B           AE 1 EDUCADOR/A INFANTIL
1.1.138.9              B           AE 1 EDUCADOR/A INFANTIL
1.1.111.52            C2         AE 1 AUXILIAR EDUCADOR/A (NOCTURNO/A)
1.1.35.8                A1         AE 1 TÉCNICO/A GESTIÓN PROYECTOS
1.1.35.7               A1          AE 1 TÉCNICO/A GESTIÓN PROYECTOS
1.1.35.6               A1          AE 1 TÉCNICO/A GESTIÓN PROYECTOS
1.1.35.5               A1          AE 1 TÉCNICO/A GESTIÓN PROYECTOS
1.1.93.5               AP          AE 1 OPERARIO/A SERVICIOS VARIOS
1.1.93.2               AP          AE 1 OPERARIO/A SERVICIOS VARIOS
1.1.3.224            C1           AG 1 ADMINISTRATIVO/A ADMON GRAL
1.1.4.72              C2           AG 1 AUXILIAR ADMON. GRAL.
1.1.138.7            B             AE 1 EDUCADOR/A INFANTIL
1.1.138.6            B             AE 1 EDUCADOR/A INFANTIL
1.1.138.4            B             AE 1 EDUCADOR/A INFANTIL
1.1.138.5            B             AE 1 EDUCADOR/A INFANTIL
1.1.138.3            B             AE 1 EDUCADOR/A INFANTIL
1.1.3.128            C1           AG 1 ADMINISTRATIVO/A ADMON. GRAL.
1.1.3.152            C1           AG 1 ADMINISTRATIVO/A ADMON. GRAL.