A Deputación da Coruña ilumínase de amarelo polo Día Mundial contra o cancro infantil
A sede da Deputación da Coruña ilumínase de amarelo na noite de hoxe e mañá para sumarse á campaña do Día Mundial contra o cancro infantil, que se conmemora o 15 de febreiro.
Con esta iniciativa, a institución provincial pretende axudar a concienciar á sociedade sobre esta enfermidade, que afecta a un colectivo especialmente sensible e vulnerable como é o infantil, así como visibilizar o seu apoio ás familias afectadas e ás entidades que traballan cada día para mellorar o diagnóstico, tratamento e coidados dos afectados, e a investigación científica neste campo.