A Deputación da Coruña expresa o seu apoio ás familias e amizades dos tripulantes do pesqueiro ‘Villa de Pitanxo’
Os membros da Corporación provincial e os traballadores da institución gardaron un minuto de silencio en sinal de loito
A Deputación da Coruña expresa o seu máximo apoio e solidariedade coas familias e amizades dos tripulantes falecidos ou desaparecidos do pesqueiro de Marín 'Villa de Pitanxo', que naufragou onte en Terranova (Canadá).
Os membros da Corporación e os traballadores da Deputación gardaron hoxe un respectuoso minuto de silencio fronte ao pazo provincial en sinal de loito e de acompañamento ao mundo do mar, en xeral, e á vila de Marín e toda a comarca do Morrazo en particular.
Ademais, desde a Deputación queremos agradecer e destacar o traballo que están a levar a cabo os servizos de salvamento desprazados ata o lugar do suceso e dos outros barcos que están axudando nas tarefas de rescate.