CCOO consigue desbloquer as axudas de estudos e vivendas
O desbloqueo en canto a nomeamentos da comisión permitirá que se paguen as axudas de estudos e vivenda na nómina de novembro
O día 12 de novembro recibimos a convocatoria da Comisión Mixta de Seguimento do Acordo Negociado e Convenio Colectivo para resolver as axudas de estudos e vivenda.
A solicitude rexistrada por CCOO foi o detonante que permitiu resolver o nomeamento irregular realizado polo presidente da Xunta de Persoal, Fernando M. Parapar de UGT. Como xa vos informamos anteriormente, o pasado 17 de outubro, rexistramos unha solicitude coa que pretendiamos desbloquear a situación na que se atopaba a constitución da Comisión Mixta de Seguimento do Acordo Negociado e Convenio Colectivo na que se tratan as axudas de estudos e vivenda, debido á irregular proposta de renovación de membros remitida pola Xunta Persoal, na que se vetaba á representación de CCOO, o dito veto foi secundado por os membros de CIG, CSIF e UGT.
O 24 de outubro recibimos escrito da Corporación (que achegamos) en resposta a nosa solicitude, do que se evidencia que efectivamente o nomeamento realizado o dous de agosto polo presidente da Xunta de Persoal, Fermando M. Parapar de UGT, non se axusta á normativa e polo tanto non é válido. Xa que logo, o Deputado de persoal realiza un escrito o 12 de agosto instando a cada central sindical, presente na Xunta de Persoal, a nomear o membro que lle corresponde, como así fixo CCOO. Mais resulta que houbo sindicatos que nin tan sequera responderon ao escrito do Deputado o que imposibilitaba a convocatoria da dita comisión. Así pois, a Corporación, unha vez recibida a solicitude de CCOO, realiza un novo requirimento aos sindicatos que non fixeran nomeamento, ao que esta vez si que responden.
O desbloqueo en canto a nomeamentos da comisión permitirá que se paguen as axudas de estudos e vivenda na nómina de novembro, sempre e cando non xurdan novos problemas durante a comisión e o tramite administrativo.
Unha resolución de presidencia do 11 de novembro nomea aos membros da Comisión Mixta de seguimento do acordo negociado do persoal funcionario o que permite a súa convocatoria que sa está fixada para o día 15. En canto a representación sindical, estes son os membros:
- Rosa Vázquez Gómez (UXT)
- Eugenia Varela Barrios (CCOO)
- Alberto Cadaveira Mahía (CIG)
- Juan Pablo García Serrano (CSIF)