RPT 2020, Orzamentos, OEP 2019 e Carreira Profesional
CCOO vota finalmente a favor dos orzamentos de persoal para que se incorpore a partida para Carreira Profesional e así manter a unidade sindical, a pesar de que a partida é totalmente insuficiente e non supón achega algunha
Hoxe, 21 de outubro de 2019, desenvolveuse a reunión da Mesa Xeral de Negociación que foi convocada pola Corporación para tratar os temas de persoal relacionados coa aprobación dos presupostos de final de ano e a Oferta de Emprego Público (OEP).
Apoiamos a Oferta de Emprego Público que posibilitará a estabilización do emprego para preto dun centenar de compañeiros e compañeiras en situación de interinidade de longa duración. Como ven sabedes en CCOO estamos comprometidos con promover o emprego estable para o persoal interino da Deputación, polo que levamos tempo traballando en acadar un proceso o máis favorable posible de cara a estabilización do emprego con seguridade xurídica. Neste sentido resulta fundamental que a Deputación se acolla ao acordo estatal sobre estabilización do emprego temporal que caduca no 2020, para o cal hai que lanzar todas as OEP relacionadas coa estabilización antes de rematar o dito ano. A Corporación, por motivos de operatividade o realizará en dúas fases: a primeira que se ven de tratar nesta mesa de negociación afectará a maioría das prazas da administración especial que cumpran os requisitos para estabilizar, mentres que a segunda fase afectará ao resto de prazas e se lanzará na OPE de 2020. Tamén se tratou nesa mesa de negociación a OEP libre do 2019 que segundo as limitacións normativas relacionadas coa taxa de reposición este ano corresponden 19 prazas: 1 de letrado/a asesor/a adxunto/a (A1), 1 de técnico/a AX (A1), 7 de axudante de arquivo e biblioteca (A2), 1 de educador/a (A2), 1 de educador/a infantil (B), 1 de oficial de imprenta (C1), 3 de administrativo, 1 de auxiliar (C2), 1 de condutor/a (C2), 1 de subalterno/a (AP) e 1 de camareiro/a (AP).
CCOO vota finalmente a favor dos orzamentos de persoal para que se incorpore a partida para Carreira Profesional e así manter a unidade sindical, a pesar de que a partida é totalmente insuficiente e non supón achega algunha, pois a incorporación desta partida supón reducir os cartos da partida destinada aos incrementos salariais pactados polos sindicatos co Goberno central e que están á espera da aprobación dos presupostos xerais do Estado. A Corporación non incorporaba na súa proposta inicial partida algunha para a Carreira Profesional, mais a presión sindical na mesa de negociación, provocou que finalmente accedese a incorporar unha partida de 103.000€. Aínda que é unha partida claramente insuficiente para aplicar unha Carreira Profesional digna, pois iso significa uns exiguos 10 € mensuais, polo menos deixa aberta a porta a negociar unha ampliación durante o ano 2020. En todo caso, en CCOO non estamos dispostos é que a Carreira Profesional se nutra en exclusiva doutras partidas de persoal, pois iso sería vestir a un santo para desvestir outro. A Corporación debe achegar máis cartos ao Capitulo I, pois o contrario sería un engano para o cadro de persoal, que non vería incrementar os seus emolumentos máis alá da suba que se aprobe nos orzamentos xerais do Estado.
CCOO vota en contra da Relación de Postos de Traballo, Cadro de Persoal e Organigrama, debido a que se perde unha oportunidade de crear máis postos de traballo en departamentos que se atopan saturados de traballo, como o Fogar Infantil Emilio Romay ou a área tributaria... Asemade, consideramos inapropiado acoutar postos xeneralistas que están abertos tamén á administración xeral con titulacións restritivas.