Intentan expulsar a CCOO dos órganos de representación
CIG, CSIF e UGT vetan aos representantes propostos por CCOO para defender os intereses do persoal nas comisións de becas e axudas, de control do plan de pensións e no comité de prevención de riscos laborais
O 8 de agosto, cando alertábamos dun previsible bloqueo por parte do resto de sindicatos, UGT anunciaba unha "DELIRANTE RABECHA CONSPIRANÓICA" por parte de CCOO, acusándonos de "agresividade, victimismo, delirios conspiranoicos, intolerancia e falta de respecto ao que non pensa igual", tamén de ser ventaxistas e de facer xogo sucio sindical (apesares de que intentaron expulsarnos das eleccións cunha triquiñuela), asemade pedíannos un pouco de sensatez. Deixamos ao voso xuízo valorar a quen lle corresponden eses adxectivos...
CIG, CSIF e UGT vetan aos representantes propostos por CCOO para defender os intereses do persoal nas comisións de becas e axudas, de control do plan de pensións e no comité de prevención de riscos laborais. Trátase da primeira vez na historia da Deputación que a Xunta de Persoal, en lugar de actuar por consenso designando cada sindicato a un membro, pretende deixar sen representación a un sindicato nos órganos nos que lle corresponde facer designación. Máis grave si cabe cando o sindicato expulsado é amplamente o maioritario cun un terzo de apoios máis que a segunda central sindical.
Na súa primeira actuación como presidente da Xunta de Persoal (Fernando Martínez Parapar de UGT) pretende deixar sen voz ao 40% do persoal funcionario que votou nas eleccións sindicais ao deseñar un sistema para expulsar de forma irregular a CCOO dos órganos de representación aos que lles corresponde designar membros á Xunta de Persoal e, incluso, noutros órganos aos que non lle corresponde á Xunta de Persoal facer a designación.
Diante desta actuación contraria á normativa, CCOO fará valer a legalidade nas instancias que sexan necesarias para defender o seu dereito de representación e os dereitos do persoal a ser representado. Neste sentido cabe destacar que se está vulnerando a normativa. O artigo 38.2 das Especificacións do plan de pensións establece: "...garantíndose a presenza dos cinco sindicatos máis votados nas eleccións...". Por outra banda o presidente da Xunta de Persoal pretende arrogarse unha facultade que non lle corresponde á Xunta de Persoal, a de designar Representantes na Comisión Mixta de seguimento do Acordo Negociado do Persoal Funcionario e o Convenio Colectivo do Persoal Laboral que se, entre outras cousas, correspóndelle o control e seguimento das axudas de estudos e vivenda. Pero é que ademais, o veto ao representante de CCOO incumpriría o artigo 3 do acordo negociado: "a Comisión Mixta estará integrada polos representantes das Centrais Sindicas presentes na Xunta de Persoal".
Trasladamos escrito asinado polo presidente e o secretario da Comisión de Control do Plan de Pensións no que se informa sobre a preocupante situación na que se atopa o Plan de Pensións logo da proposta de renovación de membros remitida pola Xunta Persoal, na primeira medida adoptada polo seu novo presidente, F.M. Parapar de UGT, na que promoveu o veto ao representante nomeado por CCOO
e que foi secundado por os membros de CIG, CSIF e UGT.