Estás en:Novas
CCOO sempre apoia as propostas que son positivas para o persoal independentemente de quen as presente, porque moi por enriba das siglas están os intereses dos traballadores e traballadoras

CCOO manten o compromiso co acordo de Carreira Profesional

CCOO non presentará contraproposta de carreira profesional para evitar bloqueos e atrasos a pesar de que CIG, CSIF e UGT nos excluíron expresamente da súa proposta e consideramos que podería ser mellorable. CCOO apoiará na mesa de negociación a proposta de carreira profesional xa que é moi similar á proposta conxunta presentada por CIG, CCOO E UGT en maio. De feito, a diferencia fundamental estriba en axustar a cronoloxía á nova realidade para poder conseguir os mesmos resultados

CCOO manten o compromiso co acordo de Carreira Profesional

O 30 de abril de 2019, logo dun intenso traballo conxunto, CIG, CCOO E UGT asinamos unha proposta de Carreira Profesional que posteriormente presentamos tanto á Corporación como a vos. Catro meses despois CIG e UGT de descolgan do devandito acordo sen mediar palabra con CCOO e presentan un acordo similar excluíndo a CCOO sen ternos comentado absolutamente nada e incorporando a CSIF que declinara participar do primeiro acordo a pesar de ter sido convidado tanto á elaboración como á súa sinatura.

CCOO non presentará contraproposta de carreira profesional para evitar bloqueos e atrasos a pesar de que CIG, CSIF e UGT nos excluíron expresamente da súa proposta e consideramos que podería ser mellorable. Non queremos ralentizar a consecución da Carreira Profesional con propostas e negociacións paralelas, xa que logo, cederémoslle a iniciativa para que xestionen a incorporación da partida orzamentaria correspondente que permita a viabilidade da devandita proposta, así como a inclusión da proposta presentada nun punto da orde do día da Mesa Xeral de Negociación.

Cando o consigan, podedes estar seguros que CCOO apoiará na mesa de negociación a proposta de carreira profesional xa que é moi similar á proposta conxunta presentada por CIG, CCOO E UGT en maio. De feito, a diferencia fundamental estriba en axustar a cronoloxía á nova realidade para poder conseguir os mesmos resultados unha vez que é unha evidencia que no ano 2019 é imposible percibir o Complemento de Carreira Profesional. Así o transmitimos na sesión de hoxe da Xunta de Persoal, na que obviamente non votamos porque ao dito órgano non lle corresponde tomar este tipo de decisións, xa que son decisións propias de cada sindicato que debe expresar na propia Mesa Xeral de Negociación, asemade porque é un órgano de representación exclusivamente do persoal funcionario e está é unha cuestión que afecta tamén ao persoal laboral.

CCOO sempre apoia as propostas que son positivas para o persoal independentemente de quen as presente, porque moi por enriba das siglas están os intereses dos traballadores e traballadoras, como xa temos demostrado en diversas ocasións, incluso retirando propostas nosas e asumindo as de outra central sindical cando observabamos que supoñen máis melloras para os intereses do persoal.