Estás en:Novas
Lamentamos que outros sindicatos continúen terxiversando a realidade para poñerse medallas a consta dos logros de CCOO nas negociacións

CCOO logra reactivar a mobilidade do persoal funcionario na Deputación

O persoal funcionario de carreira poderá cambiar de posto de traballo mediante dous métodos: en comisión de servizo por criterio de antigüidade antes de que se cubra con listas de interinos ou mediante concurso de traslados definitivo sobre prazas vacantes pendentes de cubrir logo dun proceso selectivo derivado de cada oferta de emprego público

CCOO logra reactivar a mobilidade do persoal funcionario na Deputación

Logo do histórico acordo acadado na mesa de negociación celebrada o dous de setembro, os distintos sindicatos informamos sobre o acontecido con importantes discrepancias que están a causar confusión entre o persoal nun tema de gran transcendencia.

Neste sentido queremos aclarar que o persoal funcionario de carreira poderá cambiar de posto de traballo mediante dous métodos: en comisión de servizo por criterio de antigüidade antes de que se cubra con listas de interinos ou mediante concurso de traslados definitivo sobre prazas vacantes pendentes de cubrir logo dun proceso selectivo derivado de cada oferta de emprego público. Conseguimos así, conxugar o dereito á mobilidade do persoal funcionario de carreira, co mantemento do emprego do persoal interino, un dos eixos centrais da labor de CCOO neste mandato.

O borrador do acta da sesión aclara que a proposta de ofertar en comisión de servizos os postos vacantes ao persoal funcionario de carreira foi realizada por CCOO, e así queda recollido co seguinte tenor literal:

"CCOO propone ofertar en comisión de servizos os postos vacantes aos funcionarios de carreira previamente a sua cobertura por persoal funcionario interino. Todos os presentes manifestan a sua conformidade acordándose que os chamamentos se publiciten a través da intranet e do correo web, empregándose como criterio de adxudicación a antigüidade na Deputación. En caso de empate terase en conta as necesidades de conciliación da vida laboral, persoal e familiar dos candidatos. Os criterios xerais dos concursos apróbanse por unanimidade".

Lamentamos que outros sindicatos continúen terxiversando a realidade para poñerse medallas a consta dos logros de CCOO nas negociacións. Unha praxe comunicativa recorrente por parte dalgúns, que leva anos xerando tensións e sementando dúbidas entre o persoal.

Non poñemos en dúbida que unha proposta sexa defendida por outras centrais sindicais, pero iso non significa que poida atribuírse o mérito da consecución da dita proposta se non se impulsa. Os acordos non xorden de xeito espontáneo, senón que hai que atopar a fiestra de oportunidade e crear os condicionantes apropiados, iso significa un traballo previo á mesa de negociación que CCOO desenvolve con empatía. Por exemplo, en relación coa proposta da discordia comunicativa, só CCOO sacou o tema unha vez que o resto de centrais sindicais remataron as súas intervencións sen facer ningún tipo de mención a ela. Obviamente, unha vez presentada a proposta, o resto de sindicatos a apoiaron. É dicir sen o traballo previo de CCOO e á súa proposición explícita en mesa de negociación, agora non existiría o dito sistema de mobilidade... querer non significa poder.