Os perdedores CIG, CSIF e UGT forman a gran coalición do bloqueo
CIG e UGT únense a CSIF para arrebatar a presidencia da Xunta de Persoal a CCOO que foi o sindicato que arrasou nas eleccións cun apoio maioritario sen precedentes, rompendo a tradición de que o sindicato maioritario presida a Xunta de Persoal, un órgano que carece de capacidade executiva xa que a negociación a realiza cada sindicato na mesa xeral.
As eleccións sindicais do 21 de xuño deixaron patente que o persoal funcionario da Deputación apostou maioritariamente por unha candidatura que combinaba experiencia e renovación para poder exercer un sindicalismo de clase baseado na defensa ecuánime de todos e todas, evitando así, que determinados colectivos dominen a negociación sindical. Un sindicalismo pragmático, aberto e global centrado no ben común e no traballo para mellorar as condicións da maioría.
Mais a pesares do nítido mensaxe expresado democraticamente polo persoal funcionario, CIG e UGT únense a CSIF para arrebatar a presidencia da Xunta de Persoal a CCOO que foi o sindicato que arrasou nas eleccións cun apoio maioritario sen precedentes, con preto dun terzo máis de apoios que o segundo, UGT, un 40% máis que CIG e un 80% máis que CSIF. Efectivamente máis de 200 persoas do preto de medio millar que votaron o fixeron por CCOO.
Seguiremos loitando polos vosos intereses con máis forza se cabe, porque non nos van facer calar. Non o conseguiron nas urnas, tampouco con artimañas burocráticas mediante a impugnación da candidatura de CCOO, tampouco o han conseguir mediante unha grande coalición de perdedores.
Rómpese a tradición de que o sindicato maioritario presida a Xunta de Persoal, un órgano que carece de capacidade executiva xa que a negociación a realiza cada sindicato na mesa xeral. mesmos sindicatos os que non aceptaron os resultados das urnas fai dous mandatos (o que rematou no 2015), naquela ocasión foi CIG quen ostentou a presidencia en lugar de CCOO que era a quen lle correspondía. En todo caso o menos elegante foi o xeito no que se desenvolveu a convocatoria desta sesión constitutiva. Os representantes electos de CIG, CSIF e UGT reuníronse de costas aos de CCOO para fixar o 16 de xullo como data de convocatoria sen tan sequera preguntar pola nosa dispoñibilidade, máxime cando estamos en verán. Unha ver recibida a convocatoria enviada por correo electrónico polo candidato de UGT que aínda que perdeu as eleccións sindicais é o novo presidente da Xunta de Persoal, Fernando Parapar, e constatando que en CCOO tiñamos a varios representantes gozando do seu período de vacacións, solicitamos o atraso da data da convocatoria, mais nin sequera, dignouse a contestar. Este é o espírito de diálogo e compañeirismo co que comeza este novo mandato...
Esta actuación amosa con claridade que está máis activa que nunca a coalición CIG-UGT responsable do bloqueo da negociación durante o anterior mandato. Asemade, queda patente que a actitude conciliadora preelectoral dos últimos meses amosada por UGT non era máis que unha artimaña para obter o máximo rédito electoral, dentro da coñecida estratexia de poli bo (UGT) e poli malo (CIG) que ambos os dous sindicatos levan desenvolvendo dende fai anos, nun intento desesperado por arrebatar a maioría a CCOO, aínda que isto sexa a costa de votar en contra de propostas que melloran as condicións de traballo do persoal da Deputación.