O Plan Único da Deputación financia con 175.000 euros a reforma da Casa da Cultura de Bertamiráns, en Ames
Os traballos, que están en fase de licitación, inclúen a renovación das cubertas, aseos, cafetería, climatización, falsos teitos, iluminación e outros elementos de mobiliario
A Deputación da Coruña financia a través do Plan Único o proxecto de reparacións e melloras na Casa da Cultura de Bertamiráns, no Concello de Ames, que conta cun orzamento de 175,492,07 euros.
A obra, financiada na súa totalidade con fondos provinciais, inclúe a substitución das cubertas por unha de panel sándwich; a reforma dos aseos da primeira planta para facelos adaptados; a climatización da primeira planta; a renovación dos falsos teitos da planta baixa; a mellora da cafetería, reparando a barra, colocando un biombo modular que a separe do vestíbulo e substituíndo a porta cortafogos do cuarto de máquinas do elevador e da cociña; a renovación da iluminación por LED e, por último, a colocación de estores de tecido ignífugo.
Esta actuación está actualmente en fase de licitación no perfil do contratante municipal e o prazo de presentación de ofertas remata o próximo 7 de marzo.