Recuperación do 100% das retribucións ordinarias nas IT e OPE 2018
O persoal da deputación que se atope en situación de incapacidade temporal ou licenza de enfermidade cobrará o 100% das retribucións ordinarias
O mércores 17 de outubro de 2018 desenvolvese mesa de negociación para aprobar a nova proposta de réxime retributivo para os casos de Incapacidade Temporal (IT), así como a Oferta de Emprego Público 2018.
O persoal da deputación que se atope en situación de incapacidade temporal ou licenza de enfermidade cobrará o 100% das retribucións ordinarias. Trátase dunha nova medida que o goberno provincial e as centrais sindicais estamos a desenvolver para recuperar os dereitos que nos foron arrebatados polo anterior goberno.
A oferta de emprego público para o 2018 recae, como en anos anteriores no persoal docente e unha vez rematada a oferta neste sector se amplía para arquitectos e arquitectos técnicos. Estes son os postos que saen a oferta pública:
- 2 profesores/as de secundaria lingua galega no IES Puga Ramón
- 1 profesor/a de secundaria lingua castelá no IES Puga Ramón
- 1 profesor/a de secundaria educación física no IES Puga Ramón
- 1 profesor/a de secundaria FOL no IES Calvo Sotelo
- 1 profesor/a técnico/a FP organización e proxectos fabricación mecánica no IES Calvo Sotelo
- 2 profesores/as técnico/a FP artes gráficas no IES Calvo Sotelo
- 1 profesor/a técnico/a FP fabricación e instalación de carpintería no IES Calvo Sotelo
- 1 profesor/a técnico/a FP soldadura e caldeireria no IES Calvo Sotelo
- 3 arquitectos/as no servizo de asistencia técnica a concellos
- 1 arquitecto/a técnico/a no servizo de asistencia técnica a concellos
Unha comisión traballará na procura das condicións máis favorables para o persoal nun proceso de estabilización de emprego con seguridade xurídica. A proposta da creación da dita comisión foi realizada por CCOO e apoiada polo resto de centrais sindicais durante un produtivo debate sobre a oferta de emprego público para o 2018, cando a Corporación indicou que pretende desenvolver o proceso de estabilización en diferentes fases para cumprir a taxa de temporalidade do 8% e que o proceso podería comezar cunha ampliación da oferta publica de emprego de 2018, que habería que aprobar antes de finalizar o ano.
En relación coa estabilización UGT presentou un informe de cara á valoración dos servizos prestados. CCOO coincide coa posibilidade de facer unha valoración especial das funcións do posto segundo o seu carácter idéntico ou, en su caso, análogo. Neste sentido como xa indicamos na propia mesa, levamos un tempo traballando sobre esta posibilidade unha vez que a propia administración do estado xa o está a introducir de xeito xenérico na oferta publica de emprego aprobada no RD. 702/2017 de 7 de xullo, incluso para as ofertas de emprego público libres que non son por estabilización. En todo caso sobre a proposta de baremos que incorpora o devandito estudio, entendemos que pode ser mellorable para favorecer ao máximo a estabilización do persoal da Deputación e incrementar a seguridade xurídica do proceso. Precisamente por iso propuxemos a comisión, para poñer en común propostas e ideas que nos permitan traballar conxuntamente na procura do mellor escenario posible para o proceso de estabilización que é o que desexamos todas as centrais sindicais e a propia Corporación.