O Pleno provincial aproba definitivamente a tan ansiada VPT
Unha vez rematada a valoración esperamos acadar en breve un acordo coa Corporación para completar ata o 100% as retribucións en caso de incapacidade temporal, así como o desenvolvemento da valoración do Complemento de Destino e da Carreira Profesional.
Hoxe, venres 28 de setembro de 2018, desenvolveuse o pleno ordinario correspondente a setembro onde se aprobou definitivamente a valoración de postos de traballo, desestimando todas as alegacións presentadas, polo que é unha realidade que se reflectirá na nómina de outubro. Todos os grupos provinciais votaron a favor a excepción do PP que se abstivo.
CCOO espera acadar fondos adicionais para mellorar a situación final de todos os postos, especialmente daqueles que saen peor no proceso de valoración. Como ben sabedes o complemento específico vese incrementado na totalidade dos postos, mentres que se mantén a produtivididade durante o ano 2018. Xa no ano 2019 a produtividade descenderá ata 1/3 da actual, é precisamente neste punto, para evitar que se produza tal redución, onde pretendemos incidir a través da nosa acción sindical durante a negociación das partidas de persoal nos orzamentos de 2019. De feito xa levamos meses traballando neste sentido.
Unha vez rematada a valoración esperamos acadar en breve un acordo coa Corporación para completar ata o 100% as retribucións en caso de incapacidade temporal, así como o desenvolvemento da valoración do Complemento de Destino e da Carreira Profesional. En canto a valoración do complemento de destino, tratase dunha segunda fase da valoración para incrementar o nivel nos postos que así o requiran. Mentres que a carreira profesional supón un dereito recoñecido no EBEP e que xa no proceso de aprobación de valoración de postos de traballo regulouse para o persoal docente para trasladar o que xa tiñan recoñecido pola aplicación da normativa da Xunta.