Os resultados da VPT repercutiran na nómina de outubro
CCOO solicitou a convocatoria de mesa xeral para completar ata o 100% as retribucións en caso de Incapacidade Temporal (IT), así como que se comezase a traballar na valoración do Complemento de Destino e no desenvolvemento da Carreira Profesional
Hoxe, venres 21 de setembro de 2019, desenvolveuse Mesa Xeral de Negociación, durante a mesma a Corporación informou que desestimou todas as alegacións á valoración e levará ao pleno d0 28 de setembro a súa aprobación definitiva que daría lugar a que, os resultados da valoración repercutirán na nómina de outubro, segundo o aprobado en mexa xeral e pleno de Xulio.
CCOO solicitou a convocatoria de mesa xeral para completar ata o 100% as retribucións en caso de Incapacidade Temporal (IT), así como que se comezase a traballar na valoración do Complemento de Destino e no desenvolvemento da Carreira Profesional. Todas estas solicitudes as realizou o sindicato no apartado de rogos e preguntas (xunto con outras que afectan a colectivos concretos). En relación coa solicitude sobre completar o 100% das retribucións en IT, coincidimos na súa demanda con CIG e UGT para recuperar os dereitos que no seu día nos quitaron e que agora xa permite a lexislación.
En canto a valoración do complemento de destino, tratase dunha segunda fase da valoración para incrementar o nivel nos postos que así o requiran.
Mentres que a carreira profesional supón un dereito recoñecido no EBEP e que xa no proceso de aprobación de valoración de postos de traballo regulouse para o persoal docente para trasladar o que xa tiñan recoñecido pola aplicación da normativa da Xunta.
Tanto a valoración do complemento de destino como a carreira profesional, son compromisos que aparecen recollidos no plan de ordenación de recursos humanos 2017-19 grazas ao proceso de negociación desenvolvido.