O Pleno aproba inicialmente a VPT e a modificación da RPT 2018
Logo de tres arduos anos de traballo a valoración é unha realidade que vai mellorar á inmensa maioría dos traballadores e traballadoras da deputación, cumprindo así CCOO o seu principal obxectivo sindical e o Goberno Provincial o seu compromiso para co persoal
O Pleno provincial celebrado este venres 27 de xullo de 2018 convertese nun fito histórico en canto a política de persoal, pois logo de décadas de funcionamento esta é a primeira Corporación que consegue realizar satisfactoriamente unha Valoración de Postos de Traballo.
Así pois, o pleno provincial aproba sen votos en contra a Valoración de Postos de Traballo (VPT) e a Relación de Postos de Traballo (RPT) que a fai efectiva. Todos os grupos provinciais (PSOE, BNG, Marea Atlántica, Alternativa dos Veciños e Compostela Aberta) votaron a favor agás o PP que se abstivo.
Logo de tres arduos anos de traballo a valoración é unha realidade que vai mellorar á inmensa maioría dos traballadores e traballadoras da deputación, cumprindo así CCOO o seu principal obxectivo sindical e o Goberno Provincial o seu compromiso para co persoal. Moitos foron os escollos que sortear, enorme foi o traballo a desenvolver, moitas as partes a convencer, algunhas as voces que houbo que acalar e incluso algúns sapos os que houbo que tragar... Pero valeu a pena pois por fin recoñecese o grande e importante traballo desenvolvido polo persoal da Deputación que a ten situada na elite das administracións locais do Estado.
Unha vez aprobada inicialmente a VPT e a RPT, abrirase un período de alegacións ao acordo plenario, si finalizado o prazo de alegacións non as houbese, quedaran de xeito automáticodefinitivamente aprobadas, no caso de existir resolveranse nun pleno en setembro o que significará a súa aprobación definitiva. En calquera dos casos na nómina de setembro, deberá verse reflectida en maior ou menor medida a aplicación da VPT e
RPT.
A magoa foi non poder ter acadado este fito histórico un ano antes, xa que o resultado final da valoración é moi semellante á proposta presentada por CCOO en xuño de 2017 que era ben vista pola Corporación pero non recibiu o apoio do resto dos sindicatos, como se pode observar na seguinte táboa os importes dos específicos na meirande parte dos postos de traballo na proposta de CCOO son similares aos aprobados hoxe polo pleno cun amplo apoio sindical. A principal diferenza é que a proposta de CCOO apostaba por deducir a brecha salarial incrementando máis os postos máis baixos (subalternos, auxiliares e administrativos) a conta dos máis altos (habilitados, xefes de servizo e xefes de unidade 26). En relación coa táboa comparativa hai que ter en conta que a columna cos específicos aprobados en pleno xa inclúe o incremento aprobado nos orzamentos xerais do Estado e o remanente que a Corporación reservou para o proceso de alegacións, mentres que o resto de columnas non os inclúen.