Observacións á VPT e demostración da veracidade da nosa información
CCOO anima ao resto de sindicatos a traballar conxuntamente, a través do proceso de alegacións establecido pola Corporación, para mellorar a valoración dos postos base, así como a situación daqueles que perden.
O proceso de Valoración de Postos de Traballo (VPT) non so está chegando ao seu fin, senón que por fin comeza a esclarecerse xa que debido ás distintas interpretacións sindicais estábase a crear unha auténtica cerimonia da confusión en torno a el.
A comunicación realizada pola Corporación ven a demostrar a veracidade da información transmitida por CCOO nestes últimos meses. Queda pois clara na dita comunicación que:
- A data de presentación de propostas sindicais era o sete de xuño de 2017. Que foi cando a presentou CCOO. O demais está fora de prazo polo que resulta extemporáneo.
- O 10 de novembro a Corporación sacou adiante na Mesa Xeral de Negociación a súa proposta de VPT. É dicir non se trataba da proposta de RRHH/CCOO, senón da Corporación que recibiu o noso apoio responsable.
- Na dita mesa de negociación de 10 de novembro a Corporación tamén sacou adiante a incorporación aos orzamentos dunha partida de 1.250.000 € para a VPT, por tanto esa é a cantidade real existente para executar á VPT xunto coas ¾ partes da produtividade.
CCOO desenvolverá asembleas informativas para asesorar sobre o proceso de observacións á VPT que ven de abrir a Corporación. Un proceso que saúdamos e que levábamos meses demandando ao goberno provincial dende CCOO.
- Biblioteca Provincial Mércores 31 ás 9:30 h. e ás 16:00 h.
- Calvo Sotelo Mércores 31 ás 11:15 h.
- Edifico Admin. Archer Milton Mércores 31 ás 14:00 h.
- CEIP Puga Ramón Xoves 1 ás 12:30 h.
- Fogar Infantil Emilio Romay Xoves 1 ás 14:30 h.
- Centro de Día de Ferrol Venres 2 ás 11:00 h.
- Pazo Provincial Venres 2 ás 14:30 h.
- Escola de Danza Pendente de confirmar.
* A duración das reunións será de aproximadamente ½ h.
Breve explicación do proceso
Como se pode observar no documento achegado pola Corporación, aparece a VPT aprobada na mesa de negociación do 10 de novembro expandida a cada un dos postos da Deputación, é dicir que aparece o grado que lle corresponde en cada factor a cada código de posto. O proceso de observacións consiste primordialmente en que a persoa que ocupe un determinado código de posto indique razoadamente en escrito a RRHH que grado considera que le corresponde si encontra algún grado dos establecidos que non se axusta á realidade do seu posto (para isto debe consultar o manual de valoración que describe o sistema metodolóxico aprobado na mesa de negociación do 10 de novembro).
No documento achegado pola Corporación non aparece a cantidade correspondente ao novo Complemento Específico (CE) resultante da VPT. Tan só aparece, a modo recordatorio, o CE que correspondía no ano 2017. Lembrar que o novo CE será o resultante do sumatorio de puntos acadados en cada factor segundo a gradación obtida, multiplicado polo valor do punto outorgado en euros.
CCOO anima ao resto de sindicatos a traballar conxuntamente, a través do proceso de alegacións establecido pola Corporación, para mellorar a valoración dos postos base, así como a situación daqueles que perden. Unha vez que o Goberno provincial, pola vía dos feitos, ven de rematar coa polémica sindical en canto á interpretación do acaecido durante os últimos meses en canto á VPT, chega o momento de esquecer vellas rifas, apartar as discrepancias e traballar coa suficiente altura de miras que permita obter unha importante mellora nas condicións laborais do cadro de persoal no que constitúe un fito histórico.
De seguro que si actuamos así, somos quen de acadar un consenso que outorgue un apoio maioritario á VPT, que non só facilitaría que o proceso supere as últimas reticencias e se faga unha realidade inmediata senón que obteremos melloras para os postos base, entre outros.