Estás en:Novas
A igual financiamento, a proposta de CCOO é a que valora mellor á maioría de postos

Os datos amosan que a proposta de VPT de CCOO é a que favorece á maioría

CCOO propón utilizar o remanente do importe achegado pola Corporación para valorar como se merecen os postos base e mellorar a situación dos que perden.

Os datos amosan que a proposta de VPT de CCOO é a que favorece á maioría

Nun debate de tanta importancia sindical como a Valoración de Postos de Traballo (VPT) é lóxico que existan discrepancias e distintas interpretacións, mais o límite da decencia o marca a argumentación en base a descualificacións persoais e xuízos de valor. Mais cando a Corporación "fale" todos saberedes quen está a ofrecer información veraz e quen está a faltar á verdade, torpedeando a VPT e as melloras que para a maioría trae consigo. Neste sentido lamentamos a cerimonia da confusión que están a provocar comunicados sindicais baseados na difamación, falacia e información sesgada.

A igual financiamento, a proposta de CCOO é a que valora mellor á maioría de postos. Por riba da presentada por outros sindicatos preto de medio ano fora de prazo e excedida en financiamento, como a da Corporación que recibiu o noso apoio responsable, porque non se trata do que se desexa, senón o que realmente se pode acadar. Si non apoiásemos en mesa de negociación a proposta da Corporación, ademais de perder a achega de 1.250.000 € que xa aparece reflectida nos orzamentos e posibilita incrementos para a maioría dos postos, sería o fin do proceso da VPT, pois de non acadar apoio algún a Corporación daríalle carpetazo. Lamentablemente, debido a un bloqueo por intereses sindicais, non conseguimos que se aprobase a nosa VPT, a máis favorable para a maioría como se pode observar na táboa adxunta.

CCOO propón utilizar o remanente do importe achegado pola Corporación para valorar como se merecen os postos base e mellorar a situación dos que perden. Con bo criterio a Corporación reservou unha parte do 1.250.000€ achegado á VPT para resolver posibles eivas, neste sentido consideramos que debe reducirse a brecha salarial e que postos como Subalterno, Auxiliar Administrativo, Administrativo ou Técnico base, así como os postos que perden, deben recibir mellor valoración, en coherencia coa nosa proposta. Precisamente nesta liña de actuación levamos traballando os últimos meses.

CIG/UGT utilizan máis do 20% do importe achegado pola corporación para sobrevalorar os postos das zonas recadatorias e da UCAC (Unidade de Atención ao Contribuínte). O que resulta paradigmático cando é a propia UGT quen nos acusa de sobrevalorar postos do noso interese nunha proposta que nin tan sequera é nosa, senón da Corporación... É precisamente a obcecación por estes colectivos, elevando os seus intereses por riba dos da maioría o que imposibilita a unidade de acción que tanto demanda UGT de boquilla. Por certo parécevos unha estratexia adecuada para procurar un clima propicio ao acercamento, o ton agresivo e faltón dos seus comunicados? Onde, entre outras moitas lindezas, repiten unha e outra vez que CCOO exerceu a súa influencia cara postos estratéxicos e afíns, algo que non só non é certo, senón que semella que é precisamente o que están a facer eles ao dedicar máis dun cuarto de millón a sobrevalorar a menos de medio centenar de postos por riba da proposta da Corporación que xa significaba unha mellora sobre a súa situación actual. Así, non é de estrañar que se produzan barbaridades como que os Administrativos da UCAC están valorados por riba dos Técnicos A1, os Técnicos da UCAC por riba dos Xefes Negociado ou que os Oficiais de Recadación C1/B estean case igual que os Xefes de Sección. Semella que cren que todos obran coma eles ao máis puro estilo do refrán: di o ladrón que todos son da súa condición...