O Pleno aproba nos presupostos unha partida de 1.250.000 € para a VPT
A Comparativa de propostas de valoración, a igual financiamento (o que aprobou o pleno) non admite lugar a dúbidas e amosa que a mellor opción sería a proposta de CCOO mentres que a peor sería a proposta de CIG/UGT, quednando no medio a da Corporación que finalmente foi a aprobada co apoio de CCOO e o rexeitamento do resto de sindicatos
O pasado venres, 24 de novembro o pleno provincial aprobou a Relación de Postos de Traballo (RPT), que como xa indicamos anteriormente e, tal e como aprobou a mesa de negociación celebrada o pasado 10 de novembro, non sufrirá modificación algunha ata a aprobación ou prorrogación dos Presupostos Xerais do Estado (PXE), que será cando se aplique a Valoración de Postos de Traballo (VPT) con máxima seguridade xurídica.
O pleno provincial aproba os orzamentos para 2018 que incorporan unha partida de 1.250.000 € para desenvolver a Valoración de Postos de Traballo, segundo o aprobado na Mesa Xeral de Negociación celebrada o pasado 10 de novembro na que CCOO votou a favor, mentres CIG, CSIF e UGT votaron en contra. A aplicación da devandita partida, que queda condiciona ao que dite a Lei de acompañamento dos PXE do 2018 segundo específica o informe da intervención, ven a significar de facto o apoio plenario á VPT aprobada na devandita mesa de negociación. VPT que se aplicará sobre a RPT inmediatamente despois da aprobación dos PXE e previa transferencia de ¾ da partida de produtividade que se ten que levar a mesa de negociación.
A proposta unilateral de valoración que CIG e UGT presentaron extemporaneamente, precisa dunha achega de máis de 2.622.000 € (1) pero os orzamentos provinciais tan só contemplan 1.250.000 €. A dita proposta, foi presentada con cinco meses de atraso sobre o prazo dado pola Corporación ás centrais sindicais e días despois da celebración da mesa de negociación, a pesar de que ambas centrais sindicais eran coñecedoras de que na dita mesa se aprobou nun único punto da orde do día a VPT presenta pola Corporación e a partida de 1.250.000 € para achegar a dita VPT (como se pode observar na acta que achegamos). Así pois, trátase dunha proposta sen acomodo orzamentario e por tanto ilegal, que xera falsas expectativas porque para executarse necesita duplicar con creces a achega real aprobada en pleno. Así, calquera fai propostas que satisfagan a todos e todas!!! total o papel todo o aguanta... En definitiva, pódese concluír que se trata dunha proposta cortiña de fume para agachar a inacción amosada durante o proceso de VPT.
A continuación achegamos unha interesantísima comparativa entre as distintas valoracións, onde a realidade, que é teimuda, queda reflectida máis alá das verbas...
Para poder facer unha comparación seria das distintas valoracións hai que unificar o custe de todas á realidade orzamentaria, porque facer comparativas con distintos custes como fixo UGT no seu comunicado supón un intento de manipulación inadmisible. Así pois, a táboa que tedes a continuación reflicte a comparativa (resumida aos postos máis habituais) das distintas VPT igualando o custe global (Partida VPT + 75% produtividade) (2).
(1) A propia CIG, no seu comunicado, establece en 2.622.428,75 € a achega adicional necesaria. Curiosamente UGT, que no seu comunicado denuncia manipulacións e falta de lealdade, se coida de non amosar ese dato tan significativo para agachar unha evidente falsidade que incluso marcan en negrilla, cando indican: "Se ajusta a los límites de presupuestación marcados por la Corporación".
(2) A Corporación reservou 65.000 € para corrixir posibles eivas, resolucións de reclamacións ou axustes paralelos na RPT, como por exemplo novas solicitudes de xefaturas. Por tanto os cálculos da comparación non se realizan sobre 1.250.000 €, senón sobre 1.185.000 €.
Breves consideracións sobre a comparativa
Aínda que o seu é que cada quen estude e interprete a táboa anterior para poder sacar as súas propias conclusións, gustaríanos facer as seguintes consideracións:
- A meirande parte dos postos saen mellor valorados nas proposta de CCOO, a excepción dos postos base da UCAC e das zonas recadatorias que CIG/UGT os valora moito máis, así como ao habilitados nacionais. Mentres que son mellor valorados pola Corporación, as xefaturas, os postos dos fogares e os de Arquitecto e Auxiliar Técnico de Vías e Obras.
- CIG/UGT valora aos Administrativos da UCAC e Actas por riba dos Técnicos A1.
- CIG/UGT valora aos Técnicos A2 da UCAC por riba dos Xefes Negociado.
- CIG/UGT valora case igual aos Oficiais de Recadación C1/B que aos Xefes de Sección.
- CIG/UGT valora aos postos base A2 igual que aos A1.
- CIG/UGT valora a algún posto B, como Delineante, igual que aos Administrativos C1.
A pesar de que se empeñen en afirmar falazmente o contrario: CCOO liderou o proceso de valoración e presentou en prazo unha proposta coherente e tecnicamente excelente, asemade a valoración aprobada non é a nosa, senón a da Corporación que apoiamos por responsabilidade, porque aínda que preferiríamos que existise menor brecha salarial (como se pode apreciar na nosa proposta que aparece na táboa anterior) ou que certos postos tivesen maior valoración como algúns dos servizos técnicos, eramos conscientes de que no caso de ter o rexeitamento de todas as organizacións sindicais, a Corporación retiraría a proposta e, por tanto, a achega de 1.250.000 €, o que vería a supoñer a defunción da VPT e con ela e a mellora salarial que significa para a grande maioría do cadro de persoal.
Lembramos que o que se aprobou foia a primeira fase da VPT, trátase dunha aproximación ao resultado final que se acadará á finalización do actual Plan de Ordenación de Recursos Humanos 2017-2019. Por tanto pode e debe ser mellorada ao longo do desenvolvemento da segunda fase e para isto contamos co compromiso da Corporación para realizar novas achegas económicas ata onde o permitan as restricións orzamentarias que establece a normativa (como xa demostrou co incremento de 250.000 € ao millón inicial). Non en vano o propio Deputado de persoal afirmou en mesa de negociación que a VPT é un proceso vivo en movemento que a través de diversas actuacións acabará corrixindo os desequilibrios existentes. Durante a segunda fase, CCOO aspira reducir a brecha salarial, incrementando a valoración dos postos base, así como evitar o reducir as perdas dunha minoría de traballadores e traballadoras. En todo caso, ao persoal destinado en postos que sofren perdidas co novo específico, correspóndelle un Complemento Persoal Transitorio que compensa as ditas perdas.
Ante as postverdades que UGT está a cuchichear de posto en posto, queremos expoñer:
1.- Que CCOO confía no seu traballo e por tanto informa publicamente do que acontece a nivel laboral, da mesma maneira que defende a súa actuación sindical, e o fai, cara a cara, en aberto a todo o persoal mediante asembleas de traballadores e traballadoras, como sempre se fixo no mundo sindical. Non como outros, que prefiren informar individualmente para axustar o seu discurso ao que quere escoitar o seu interlocutor, faltando incluso á realidade, como se está a observar.
2.- Que a proposta aprobada non é de CCOO, nin de RRHH, senón a da Corporación.
3.- Que a proposta se vota recibindo apoio de CCOO, rexeitándoa o resto de sindicatos.
4.- Que o Deputado recoñece expresamente o traballo desenvolvido por CCOO.
5.- Que CCOO fixo un traballo serio e rigoroso e que dito traballo se presentou en prazo e se defendeu diante da comisión de VPT (como recoñece CIG no seu comunicado). Un traballo que incorporaba memoria, caderno de valoración e resumo de valoración de postos tipo da que fixo entrega en man a todas as centrais sindicais e á Corporación a quen a maiores entregou matriz completa con todas as tipoloxías de postos. Sendo precisamente UGT quen se limitou a amosar un powerpoint dunha pseudovaloración de baixo nivel técnico, inacabada, inconsistente e chea de incoherencias.
6.- Que, mentres outros mantivéronse ao marxe actuando só reactivamente, CCOO participou proactivamente na VPT; primeiro poñendo a disposición de Recursos Humanos as ferramentas informáticas utilizadas na nosa proposta para, así, facilitar e acelerar o proceso. Posteriormente, debatendo coa Corporación o importe económico necesario para achegar a VPT, xuntanzas que sempre se realizaron a iniciativa nosa.