A Corporación e CCOO sacan adiante a VPT cunha achega de 1.250.000€
A sensación de CCOO é agridoce porque por unha banda rexeitamos que a VPT se aplique en diferido, impedindo que o persoal a poida ver reflectida na nómina de xaneiro de 2018, e por outra consideramos que a brecha salarial debería ser máis estreita, mellorando mais os postos base. Aínda que a proposta da corporación asume gran parte das demandas de CCOO, consideramos que coa nosa proposta acadaríase unha RPT máis armonizada, con maior grado de equidade e menor brecha salarial.
O pasado venres, 10 de novembro desenvolveuse unha Mesa Xeral de Negociación para aprobar a Valoración de Postos de Traballo (VPT), así como a modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) e as partidas de acción social para o ano 2018.
O Deputado de persoal agradece e recoñece en mesa de negociación o traballo desenvolvido por CCOO para que a Deputación dispoña de Valoración de Postos de Traballo. Efectivamente, CCOO liderou o proceso dende o primeiro momento: na primeira mesa de negociación de este mandato xa solicitamos que se desenvolvese unha VPT global, conxunta, sistemática, equitativa e obxectiva que se vise reflectida na RPT, indicando ademais que a falta de esta ferramenta fundamental tiña sido advertida pola intervención xeral en numerosos informes. Posteriormente, durante a comisión que se creu a tal efecto propuxemos a liña metodolóxica que posteriormente se aplicou, tamén foi asumido preto do 90% do noso manual de valoración. A devandita comisión rematou o sete de xuño coa presentación e defensa por parte das centrais sindicais das súas propostas de valoración, só UGT e CCOO o fixeron, pero mentres UGT presentou unha VPT parcial, CCOO presentou unha proposta global, coherente, equitativa, obxectiva e axustada á legalidade e as expectativas do persoal. En definitiva, un excelente traballo técnico que CCOO puxo ao servizo da corporación para beneficio do persoal.
Co apoio único de CCOO, a corporación saca adiante a valoración achegando 1.2500.000 €, pero difire o seu traslado á RPT ata a aprobación ou prorrogación dos Presupostos Xerais do Estado. CIG, CSIF e UGT votaron en conta. No caso de CIG e UGT, solicitaron que se retrasase a aprobación da VPT porque estaban a traballar nunha proposta conxunta que entregarían en breve. Neste sentido cable subliñar que o prazo para que as centrais sindicais presentasen propostas rematou fai preto de medio ano, pois a corporación deu de prazo ata a citada comisión do 7 de xuño para, a partir de ese momento e coas distintas achegas realizadas, elaborar a súa proposta que foi a que se acaba de presentar en mesa.
A VPT se financia a través do 1.250.000€ achegado pola corporación e das tres cuartas partes da produtividade. Mais como a súa aplicación queda pendente aos Presupostos Xerais do Estado (PXE), a transferencia das partidas de produtividade á de VPT non se realizan coa aprobación dos orzamentos da Deputación para que o persoal non vea diminuído o seu complemento de produtividade mentres non se aproben os PXE. O mesmo ocorre coa RPT que coa aprobación dos orzamentos da Deputación non sofre ningunha modificación. Así pois, inmediatamente despois da aprobación, ou anuncio formal de prórroga para o 2018, dos PXE se convocará mesa xeral para transferir as tres cuartas partes das partidas de produtividade á de VPT e aprobar a RPT que xurde como resultado de aplicar a VPT. Posteriormente se seguirá o circuíto plenario: informe da intervención, ditame da comisión de Economía, Facenda, Especial de Contas, Persoal e Réxime Interior e aprobación en pleno da Deputación.
A valoración, que nesta primeira fase se realizou sobre o complemento específico, ven a resolver as coñecidas e denunciadas eivas na RPT, rematando coas desigualdades provocadas pola factorización. Non cabe dúbida de que significa un recoñecemento económico ao persoal por toda a labor que está a desenvolver e un contrato a futuro para as novas tarefas e responsabilidades que nos está a encomendar a corporación. Na seguinte táboa pódese observar un resumo das melloras salariais nos postos tipo, nos documentos que achegamos aparece a matriz de Valoración con todos os postos e a puntuación de todos os factores que dan como resultado os puntos que se multiplican por 360 para calcular o Complemento Específico, así como o manual de valoración.
A sensación de CCOO é agridoce porque por unha banda rexeitamos que a VPT se aplique en diferido, impedindo que o persoal a poida ver reflectida na nómina de xaneiro de 2018, e por outra consideramos que a brecha salarial debería ser máis estreita, mellorando mais os postos base. Consideramos innecesario ter que esperar ao que estableza a Lei de acompañamento aos PXE 2018 tal e como informou a intervención xeral ao Deputado de persoal. Non compartimos a decisión da corporación de actuar en base ao argumento de que a nova lei de acompañamento poida incorporar algunha norma restritiva distinta das actuais comprendidas na do PXE 2017, pois significaría o mesmo grado de inseguridade xurídica que a propia aprobación do orzamento da Deputación.
Aínda que a proposta da corporación asume gran parte das demandas de CCOO, consideramos que coa nosa proposta acadaríase unha RPT máis armonizada, con maior grado de equidade e menor brecha salarial, debido a que a igual partida orzamentaria os postos base recibe mellor valoración incrementando o seu Complemento Específico progresivamente dende os 1500€ para o subalterno ata os 600€ para o técnico A1 pasando por os 1200€ para o administrativo. Así mesmo certos postos, como por exemplo algúns dos servizos técnicos, reciben maior valoración na nosa proposta.