Modificación da base 6.3 da parte xeral das bases reguladoras programa de subvencións a concellos e outras EELL para mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura 2022.
Deputación Provincial da Coruña
Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes
Sección de Educación, Cultura e Deportes
Por Resolución do Presidente da Deputación núm. 8470, do 16 de febreiro de 2022, aprobouse a modificación das Bases reguladoras, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2022, que afecta á base 6.3 da parte xeral, para permitir o aboamento da subvención no caso de que se xustifique gasto inferior ao 50% do orzamento subvencionado para xustificar, de xeito que se aboará o importe proporcional ao tempo traballado dentro do período subvencionable.
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2022/02/18/2022_0000000843.pdf