Estás en:Novas

Modificación da base 6.3 da parte xeral das bases reguladoras programa de subvencións a concellos e outras EELL para contratar persoal técnico para a atención de museos e centros museísticos 2022.

Deputación Provincial da Coruña

Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes

Sección de Educación, Cultura e Deportes

Por Resolución do Presidente da Deputación núm. 8472, do 16 de febreiro de 2022, aprobouse a modificación das Bases reguladoras do programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para contratar persoal técnico para a atención de museos e centros museísticos (museos, coleccións museográficas ou centros de interpretación), durante o ano 2022, que afecta á base 6.3 da parte xeral, para permitir o aboamento da subvención no caso de que se xustifique gasto inferior ao 50% do orzamento subvencionado para xustificar, de xeito que se aboará o importe proporcional ao tempo traballado dentro do período subvencionable.

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2022/02/18/2022_0000000845.pdf