Estás en:Novas

Modificación da base 6.3 da parte xeral das bases reguladoras, programa de subvencións a concellos e outras EELL para o financiamento do persoal técnico ou axentes de igualdade 2022.

Deputación Provincial da Coruña

Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes

Sección de Servizos Sociais

Por Resolución do Presidente da Deputación núm. 8459, do 16 de febreiro de 2020, aprobouse a modificación das Bases reguladoras, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para o financiamento do persoal técnico ou axentes de igualdade no ano 2022 (FOAI/2022), que afecta á base 6.3 da parte xeral, para permitir o aboamento da subvención no caso de que se xustifique gasto inferior ao 50% do orzamento subvencionado para xustificar, de xeito que se aboará o importe proporcional ao tempo traballado dentro do período subvencionable.

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2022/02/18/2022_0000000846.pdf