Estás en:Novas

A Deputación da Coruña licita por 10,1 millóns de euros o Plan de Conservación de Estradas Provinciais

O programa, que incrementa un 27% o investimento con respecto a 2021, contempla a execución de obras de mantemento, reparación de firme e pavimentación nos máis de 2.100 quilómetros da rede provincial de estradas

Xunto co plan de limpeza e reparacións urxentes, supón un investimento medio de 6.400 euros por quilómetro de estrada

A Deputación da Coruña licita por 10,1 millóns de euros o  Plan de Conservación de Estradas Provinciais

A Deputación da Coruña licita por 10.103.981,93 euros o Plan de Conservación de Vías Provinciais. O orzamento supón un 27% máis que o ano pasado, no que o orzamento foi de 7,9 millóns. As empresas poden presentar as súas ofertas ata o 29 de marzo.

"O plan contempla a execución de traballos de mantemento, reparación do firme e pavimentación nos máis de 2.100 quilómetros de estradas cos que conta a rede viaria da Deputación. Todas estas actuacións están destinadas a mellorar as condicións de circulación, aumentar a seguridade viaria e reducir a sinistralidade nas estradas da provincia", explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.

A maior parte dos investimentos destinaranse á renovación de firmes e capas de rodadura (63,2%) e renovación da sinalización vertical e horizontal (14,6%), mentres que a apertura e limpeza de cunetas suporá preto do 5% dos investimentos e a instalación de defensas viais u obras de drenaxe, un 15% cada unha, respectivamente.

Ademais do Plan de Conservación, o servizo de Vías e Obras da Deputación conta cun plan de reparacións urxentes e outro destinado exclusivamente á roza e limpeza das marxes das estradas provinciais, que supón un investimento adicional de 3,5 millóns anuais, que inclúe a limpeza das marxes de todas as estradas varias veces ao ano, para mellorar a visibilidade da circulación, evitar a propagación de incendios e facilitar a drenaxe de augas pluviais.

6.400 euros por quilómetro

Os programas de Conservación, Reparación Urxente e Desbroce das estradas provinciais suman este ano un investimento de máis de superior aos 6.400 euros por quilómetro, apunta o deputado responsable da área de Vías e Obras, José Manuel Pequeño, que entende que "o traballo de mantemento e conservación da rede de estradas da Deputación nas mellores condicións é tan importante como a construción de novas infraestruturas para a seguridade viaria".

GRUPO

INVESTIMENTO

GRUPO 1A ORTIGUEIRA

244.430,71

GRUPO 1B CARIÑO

164.702,25

GRUPO 2 MAÑÓN E AS PONTES

254.838,25

GRUPO 3 CEDEIRA, CERDIDO E VALDOVIÑO

293.819,30

GRUPO 4 FERROL E NARÓN

426.560,15

GRUPO 5 MOECHE, SAN SADURNIÑO E AS SOMOZAS

273.130,61

GRUPO 6 ARES, FENE, MUGARDOS E NEDA

242.457,89

GRUPO 7 CABANAS, MIÑO, PADERNE E PONTEDEUME

320.882,13

GRUPO 8 IRIXOA, MONFERO E VILARMAIOR

313.233,55

GRUPO 9 OLEIROS E SADA

449.940,92

GRUPO 10 CAMBRE, BERGONDO E BETANZOS

342.942,93

GRUPO 11 ABEGONDO, CARRAL E OZA-CESURAS

447.313,77

GRUPO 12 ARANGA, BETANZOS, COIROS, CURTIS E OZA-CESURAS

344.846,90

GRUPO 13A FRADES, ORDES, OROSO E O PINO

156.021,60

GRUPO 13B BOIMORTO,MESÍA E VILASANTAR

316.305,16

GRUPO 14 MELIDE, SANTISO, SOBRADO E TOQUES

340.897,06

GRUPO 15: ARZÚA, BOQUEIXÓN, O PINO E TOURO

263.825,74

GRUPO 16 ARTEIXO, A CORUÑA E CULLEREDO

504.405,80

GRUPO 17 CARBALLO,CERCEDA E A LARACHA

419.316,41

GRUPO 18 CABANA,MALPICA E PONTECESO

377.448,56

GRUPO 19 CAMARIÑAS, LAXE, MUXÍA E VIMIANZO

165.924,32

GRUPO 20 CEE, CORCUBIÓN, DUMBRÍA E MAZARICOS

135.640,12

GRUPO 21 AMES, A BAÑA, NEGREIRA E VAL DO DUBRA

244.128,54

GRUPO 22 ORDES, SANTIAGO, TORDOIA, TRAZO E VAL DO DUBRA

260.156,56

GRUPO 23 MAZARICOS, MUROS E OUTES

223.192,67

GRUPO 24 BOIRO, LOUSAME E NOIA

287.119,68

GRUPO 25 BRION, DODRO, PADRÓN E ROIS

368.317,54

GRUPO 26 AMES, SANTIAGO, TEO E VEDRA

301.034,76

GRUPO 27 BOIRO E RIANXO

195.107,32

GRUPO 28 A POBRA DO CARAMIÑAL, PORTO DO SON

560.417,95

GRUPO 34 DP 1914 CARBALLO A PORTOMOURO

214.821,65

GRUPO 35 CORISTANCO, SANTA COMBA E ZAS

314.738,35

GRUPO 36 DP 3404 A SERRA DE OUTES A DUMBRÍA

336.062,68

TOTAL

10.103.981,93