A Deputación da Coruña condena a guerra e amosa a súa solidariedade co pobo ucraíno
Membros da Corporación e traballadores e traballadoras da institución provincial fixeron hoxe unha concentración silenciosa
Membros da Corporación e traballadores e traballadoras da Deputación da Coruña levaron a cabo hoxe, mércores 9 de marzo, unha concentración silenciosa fronte ao pazo provincial para darlle visibilidade á súa condena á guerra iniciada por Rusia e amosar solidariedade co pobo ucraíno.
Deste xeito, a Deputación da Coruña quere trasladar o seu apoio e solidariedade a todas as persoas que están sufrindo as consecuencias do conflito bélico desencadeado pola agresión de Rusia a Ucraína e solicita a retirada das tropas rusas do seu territorio e que se manteña o respecto ao dereito internacional.
A institución provincial reitera a súa petición dun inmediato alto ao fogo, do respecto aos dereitos humanos e aos Acordos de Minsk e chama a traballar pola resolución do conflito no marco da ONU e da OSCE e ao "retorno á vía diplomática como única fórmula para resolver as diferenzas para acadar acordos de paz duradeiros.