A Deputación inviste 164.000 euros para renovar o pavimento da DP-6601 no Pino
Os traballos levaranse a cabo no tramo que conecta a estrada de Curtis-Lavacolla coa de Arzúa-Santiago
A actuación inclúe a poda das árbores que supoñan un risco para a seguridade viaria e, para manter o tráfico aberto, as obras executaranse primeiro nunha marxe e despois na outra
A Deputación da Coruña inviste 164.160,58 euros nas obras de renovación do pavimento da estrada provincial DP-6601, no tramo que conecta a estrada de Curtis-Lavacolla coa de Arzúa-Santiago, no Concello do Pino.
A actuación, que está a licitación pública no plataforma de contratación do Estado, inclúe a roza de cunetas e noiros, a poda das árbores que supoñan un risco para a seguridade viaria, o asfaltado da vía e a renovación da sinalización horizontal mediante pintura acrílica. Para manter sempre o tráfico aberto a execución dos traballos levarase a cabo primeiro por unha marxe e posteriormente pola outra.
O prazo para a presentación de ofertas para participar no proceso de licitación pública remata o próximo 6 de abril.