Estás en:Novas

Lei orgánica 2/2022 mellora da protección das persoas orfas vítimas da violencia de xénero.

Xefatura do Estado

Lei orgánica 2/2022, do 21 de marzo, de mellora da protección das persoas orfas vítimas da violencia de xénero.

Artigo terceiro.

O apartado 3 do artigo 104 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais terá a seguinte redacción:

«Artigo 104. Natureza e feito impoñible. Supostos de non suxeición.

3. Non se producirá a suxeición ao imposto nos supostos de achegas de bens e dereitos realizadas polos cónxuxes á sociedade conxugal, adxudicacións que ao seu favor e en pago delas se verifiquen e transmisións que se fagan aos cónxuxes en pago dos seus haberes comúns.

Tampouco se producirá a suxeición ao imposto nos supostos de transmisións de bens inmobles entre cónxuxes ou a favor dos fillos, como consecuencia do cumprimento de sentenzas nos casos de nulidade, separación ou divorcio matrimonial, sexa cal for o réxime económico matrimonial. Así mesmo, non se producirá a suxeición ao imposto nos supostos de transmisións de bens inmobles a título lucrativo en beneficio das fillas, fillos, menores ou persoas con discapacidade suxeitas a patria potestade, tutela ou con medidas de apoio para o adecuado exercicio da súa capacidade xurídica, cuxo exercicio levará a cabo polas mulleres falecidas como consecuencia de violencia contra a muller, nos termos en que se defina pola lei ou polos instrumentos internacionais ratificados por España, cando estas transmisións lucrativas traian causa do referido falecemento.»

https://www.boe.es/boe/dias/2022/03/22/pdfs/BOE-A-2022-4516.pdf