O prazo de entrega dos traballos do primeiro certame escolar ‘Lazos coruñeses con América Latina’ remata o 30 de abril
O premio está dirixido ao alumnado dos centros educativos da provincia e quere dar a coñecer a historia de emigración galega entre os máis novos
Concederanse 5 premios en metálico para a compra de material escolar, a entrega dunha distinción e un recoñecemento público
O 30 de abril é o último día no que os alumnos e alumnas dos centros educativos da provincia poden entregar os seus traballos de investigación para participar na primeira edición do certame escolar 'Lazos coruñeses con América Latina', organizado pola Deputación da Coruña.
Coa convocatoria deste premio o ente provincial ten o obxectivo de contribuír a difundir e dar a coñecer aos máis novos a importante historia de emigración galega cara os diferentes países de América Latina.
Os equipos de investigación escolar deberán estar integrados por, polo menos, 5 alumnos ou alumnas de cada centro educativo, que terán que ser dirixidos por un profesor ou profesora, sendo esta persoa a responsable do proxecto. Ademais dunha distinción simbólica e un recoñecemento público concederanse 5 premios en metálico: 3.000 euros para o gañador, 2.000 euros para o segundo clasificado, 1.500 euros para o terceiro e haberá dous accésit de 1.000 euros.
As bases reguladoras deste premio poden obterse no seguinte enderezo web:
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/11/12/2021_0000007943.pdf
Tamén pódese realizar calquera consulta sobre o premio no teléfono: 981 080 704; ou remitindo un correo electrónico ao enderezo: premiolacal@dacoruna.gal