Nova lectura no club dixital: Erros e Tánatos
Dende hoxe, 17 de novembro, podes unirte á lectura da obra "Erros e Tánatos" de Gonzalo Navaza. Partindo dunha forma clásica de narrar, Gonzalo Navaza escribiu un libro que divirte, que seduce; é o libro dun narrador eficiente que, sen lugar a dúbidas, constrúe unha obra notable. A presente edición, ofrecida en novo formato e aparencia, revisada polo autor e décima dende a súa aparición en 1996, converte a este monllo de relatos de Gonzalo Navaza nun dos clásicos da narrativa galega contemporánea.
"Erros e Tánatos" componse dun conxunto de dez relatos nos que Gonzalo Navaza demostra unha gran soltura no manexo das técnicas narrativas a partir dunha prosa breve, limpa, directa, chea de sentidodo humor, que sorprende ao lector coa súa capacidade para ironizar, para crear intriga e para sorprender."Erros e Tánatos" é un libro magnífico que, con moita claridade narrativa, atrapa ao lector coas súas boas historias, historias e aconementos que se suceden medrando e creando unha grande tensión narrativa que remata nun final sorprendente, un final que explora os territorios do Tánatos por culpa dos Erros do azar.
Desde o propio club de lectura dixital podes tomar en préstamo o libro e comentar, citar ou chatear co resto de participantes
Se es usuario/a da EbibliodaCoruna, identifícate AQUÍ co teu usuario e contrasinal (se non, date de alta AQUÍ).
Accede libremente desde calquera lugar a calquera hora.
Máis información sobre o funcionamento do club AQUÍ.