Estás en:Novas

A Deputación da Coruña súmase á Hora do Planeta

Apagará entre as 20:30 e as 21:30 horas a iluminación interior e exterior do Pazo Provincial para sumarse á iniciativa promovida por WWF como sensibilización global contra o cambio climático

Con este pequeno xesto, a institución provincial quere mostrar, un ano máis, o seu compromiso medioambiental xunto con centos de institucións de toda España

A Deputación da Coruña súmase á Hora do Planeta

A Deputación da Coruña apagará esta tarde, entre as 20:30 e as 21:30 horas, a iluminación interior e exterior do Pazo Provincial para sumarse á iniciativa A Hora do Planeta, promovida por WWF como unha acción de sensibilización global contra o cambio climático.

Con este pequeno xesto, a institución provincial quere mostrar, outro ano máis, o seu compromiso medioambiental xunto con centos de institucións e empresas de toda España.

Un compromiso que se aplica, no día a día, co financiamento de numerosos proxectos de fomento das enerxías renovables, mellora da eficiencia enerxética e mobilidade sostible nos municipios da provincia.