Estás en:Novas

Feliz San Valentín!

Feliz San Valentín!

Achégase o 14 de febreiro, unha data celebrada e denostada a partes iguais. Sexas da opinión que sexas, na Biblioteca non nos resistimos a sacar todo o arsenal de novelas, películas e música romántica para amenizar esta data. Así que traémosche varias propostas.

CITA A CEGAS

Déixate sorprender por algún dos libros sorpresa que empaquetamos para ti. Libros de contrastada calidade literaria que seguro que che gustan. Elixe un a cegas e lévao contigo para pasar esta data. Cóntanos como foi a túa cita cubrindo a enquisa que che proporcionamos co libro e deixándoa no buzón.

 CELEBRA O AMOR COS SENTIDOS

Na sección de Préstamo de persoas adultas atoparás propostas para celebrar o amor cos sentidos, especialmente co do gusto. Receitas románticas, guías de afrodisiacos, música romántica… O material perfecto para conseguir ambientar a túa cea de San Valentín.

 

NOVELAS ROMÁNTICAS NA EBIBLIODACORUNA

Na biblioteca dixital atoparás un carrusel de San Valentín con novelas románticas, incluso as máis recentes… Elixe unha para pasar o día soñando…

 

AMORES DE PELÍCULA

Pásate pola Sala 1 e elixe entre a selección de películas para pasar un rato romántico e divertido. Temos unha boa selección, seguro que atopas algunha que aínda non viras.