Estás en:Novas

Convocatoria axudas Programa de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía.

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN422N).

BDNS (Identif.): 616244

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220331/AnuncioG0474-180322-0003_gl.pdf

Artigo 3. Beneficiarios

1. Serán destinatarios últimos das axudas establecidas nas bases reguladoras para o Programa de incentivos 1, os suxeitos que se enumeran nos seguintes puntos, sempre que realicen unha actividade económica pola que ofrezan bens ou servizos no mercado:

a) (...)

b) (..)

c) Calquera entidade do sector público institucional de calquera administración pública a que se refire o artigo 2.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, así como as entidades de dereito privado ou organizacións privadas sen ánimo de lucro.

d) Agrupacións, asociacións, consorcios ou calquera outra forma de colaboración de calquera das figuras dos tres puntos anteriores, con ou sen personalidade xurídica.