Estás en:Novas

Día internacional da Lingua Materna: A música das buguinas

Día internacional da Lingua Materna: A música das buguinas

Con motivo da celebración do Día Internacional da Lingua Materna, o vindeiro día 21 de febreiro, na Biblioteca realizarase a actividade musical: A música das buguinas, de Mamá Cabra e Bellón Maceiras. Entrada de balde con reserva previa.

Día: luns 21 de febreiro

Hora: 18:00 h

Lugar: Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña (sala de actividades)

Inscricións: a partir do 15 de febreiro en horario de 16:00 a 20:00 h no teléfono: 981 080 174.

Espectáculo recomendado a partir de 3 anos.

Máximo unha persoa adulta por menor, con protocolo COVID na sala.