Mostra «Francisco Tettamancy Gastón»
Veñen de cumprirse os cen anos do falecemento de Tettamancy e, algo máis de 175 anos da Revolta galega de 1846. Coincidindo no tempo coas actividades que, na cidade herculina, se están por levar a cabo para homenaxear e por en valor a figura e obra deste autor, é de xustiza que esta biblioteca aporte o seu gran e se sume ás mesmas a través dunha mostra bibliográfica que aborde os diferentes eidos nos que este coruñés destacou.
Pode visitarse no vestíbulo da Biblioteca, de balde en horario de apertura (de luns a venres de 8:30 a 20:30 h e sábados de 9:00 a 14:00 h).
Accede aquí á guía de lectura da mostra: Mostra «Francisco-Tettamancy-Gaston-O-Rexionalismo-a-traves-dos-seus-ollos«