Estás en:Novas

A Deputación adxudica a redacción do proxecto de remodelación da avenida de Santa Cristina, en Oleiros

A Deputación adxudica a redacción do proxecto de remodelación da avenida de Santa Cristina, en Oleiros

A Deputación da Coruña acolleu hoxe a sinatura do contrato para a redacción do proxecto de remodelación da estrada provincial DP 5804 que dá acceso á praia de Santa Cristina, en Oleiros.

A redacción deste proxecto, primeiro paso para a futura execución das obras, foi adxudicado á empresa Ingenería del Noroeste por 12.221 euros.

Actualmente, o tramo obxecto do proxecto dispón dunha calzada de dous carrís separados por unha mediana axardinada, zonas de aparcamento e beirarrúas en ambas marxes.

O estudo contemplará a renovación dos pavimentos, así como a remodelación do espazo atendendo ás necesidades actuais da veciñanza e dos usuarios da vía, creando un espazo máis humanizado nesta avenida e renovando beirarrúas, alumeado, zonas verdes e zonas de estacionamento de vehículos.