Estás en:Novas

A Deputación apoia con medio millón de euros o mantemento de programas sociosanitarios de 27 entidades

O Boletín Oficial da Provincia recolle hoxe a concesión provisional das axudas, que van dos 2.400 aos 37.000 euros

Servizos de apoio psicolóxico, campañas informativas e de sensibilización, terapias de rehabilitación ou programas de asesoramento e orientación son algunhas das iniciativas subvencionadas

A Deputación apoia con medio millón de euros o mantemento de programas sociosanitarios de 27 entidades

A Deputación da Coruña destina medio millón de euros para o mantemento de programas sociosanitarios de 27 entidades sen ánimo de lucro da provincia neste 2022.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) recolle hoxe a concesión provisional de subvencións por valor de 498.303 euros. As contías a percibir por organismo beneficiario van dun mínimo de 2.400 a un máximo de 37.000 euros.

As achegas permitirán financiar o desenvolvemento de servizos apoio psicolóxico, campañas informativas e de sensibilización, terapias de rehabilitación, programas de orientación e asesoramento, charlas e foros.

A deputada de Benestar Social, Ana Lamas, indicou que con estas subvencións a Deputación "presta apoio a programas fundamentais para o benestar social de toda a poboación, xa que inclúen servizos para mellorar o nivel de vida de miles de persoas". A deputada provincial tamén destacou o importante labor de sensibilización sobre certas doenzas que levan a cabo as entidades sociais.

Axudas provisionalmente concedidas

 

Solicitudes

 

 

Importe de subvención

Beneficiario: ANHIDACORUÑA ASOC.DE NIÑOS CON HIPERACTIVIDAD Y DEFICIT DE ATENCION

Obxecto: AP-2 Apoio psicolóxico. APOIO PSICOLÓXICO PARA PERSOAS AFECTADAS POLO TDAH E AS SÚAS FAMILIAS

 

15.747,72 €

Beneficiario: ASOC IACION GALLEGA TRANSPLANTADOS PULMON AIRIÑOS Obxecto: PC-1 Charlas, foros, publicacións e campañas de sensibilización. FOMENTO DA DOAZÓN DE ÓRGANOS

 

3.587,20 €

Beneficiario: ASOCIACION BULIMICOS Y ANOREXICOS DE A CORUÑA

Obxecto: AP-1 Terapias de rehabilitación. INTERVENCION TERAPÉUTICA NOS TRASTORNOS DA CONDUTA ALIMENTARIA

 

37.000,00 €

Beneficiario: ASOCIACION COMPOSTELANA DE NIÑAS Y NIÑOS HIPERACTIVOS

Obxecto: AP-1 Terapias de rehabilitación. Abordaxe integral do TDAH para un desenvolvemento óptimo

 

25.750,00 €

Beneficiario: ASOCIACION DE AYUDA A NIÑOS ONCOLOGICOS DE GALICIA ASANOG

Obxecto: AP-3 Programas de información/orientación e asesoramento en distintas materias. Información e asesoramento sociolaboral, educativo e psicolóxico a menores con cancro e as súas familias

 

15.862,74 €

Beneficiario: ASOCIACION DE DANO CEREBRAL SARELA

Obxecto: AP-3 Programas de información/orientación e asesoramento en distintas materias. Persoas e familias con Dano Cerebral Adquirido

 

33.000,00 €

Beneficiario: ASOCIACION DE LUCHA CONTRA ENFERMEDADES DEL RIÑON

Obxecto: AP-3 Programas de información/orientación e asesoramento en distintas materias. SIO. Servizo de Información e Orientación Social

 

25.720,00 €

Beneficiario: ASOCIACION ESPAÑOLA CONTRA EL CANCER

Obxecto: AP-3 Programas de información/orientación e asesoramento en distintas materias. PROGRAMA DE TRABAJO SOCIAL: ATENCIÓN Y ORIENTACIÓN SOCIAL

 

24.846,11 €

Beneficiario: ASOCIACION FAMILIARES ENFERMOS DE ALZHEIMER E OUTRAS DEMENCIAS DE FISTERRA E SONEIRA (AFAFES)

Obxecto: AP-1 Terapias de rehabilitación. PROGRAMA DE PREVENCIÓN DA DEPENDENCIA E PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL

 

31.000,00 €

Beneficiario: ASOCIACION GALEGA DE ASPERGER (ASPERGA)

Obxecto: AP-3 Programas de información/orientación e asesoramento en distintas materias. PROGRAMA DE ASESORAMIENTO A PERSOAS CON SÍNDROME DE ASPERGER E AUTISMO E AS SÚAS FAMILIAS

 

17.487,81 €

Beneficiario: ASOCIACION GALEGA DE ESCLEROSE LATERAL AMIOTROFICA

Obxecto: AP-3 Programas de información/orientación e asesoramento en distintas materias. Persoas afectadas de Esclerose Lateral Amiotrófica, coidadores e familiares

 

10.543,60 €

Beneficiario: ASOCIACION GALEGA DE LINFEDEMA AGL

Obxecto: AP-1 Terapias de rehabilitación. Persoas con linfedema

 

17.500,00 €

Beneficiario: ASOCIACION GALLEGA C/ENFERMED.NEUROMUSCULARES ASEM GALICIA

Obxecto: AP-1 Terapias de rehabilitación. Programa de Rehabilitación integral para personas con enfermidade neuromuscular na provincia de A Coruña

 

2.400,00 €

Beneficiario: ASOCIACION GALLEGA CONTRA LA FIBROSIS QUISTICA

Obxecto: AP-1 Terapias de rehabilitación. Programa de fisioterapia respiratoria para persoas da área de A Coruña

 

5.560,00 €

Beneficiario: ASOCIACION GALLEGA DE AFECTADOS POR TRANSPLANTES MEDULARES

Obxecto: PC-1 Charlas, foros, publicacións e campañas de sensibilización. Informar e sensibilizar ó conxunto da sociedade sobre o proceso de doazón de medula ósea

 

12.672,25 €

Beneficiario: ASOCIACION GALLEGA DE HEMOFILIA

Obxecto: AP-3 Programas de información/orientación e asesoramento en distintas materias. Servizo de Atención e Información Permanente (SAIP)

 

4.688,71 €

Beneficiario: ASOCIACION PARKINSON FERROL

Obxecto: AP-1 Terapias de rehabilitación. Abordaxe multidisciplinar en persoas afectadas pola enfermidade de Parkinson.

 

16.165,00 €

Beneficiario: ASOCIACION PARKINSON GALICIA

Obxecto: AP-1 Terapias de rehabilitación. PROGRAMA DE FISIOTERAPIA PARA PERSOAS AFECTADAS DE PARKINSON, FAMILIARES E COIDADORES/AS

 

33.000,00 €

Beneficiario: ASOCIACION SOBRE RODAS

Obxecto: AP-2 Apoio psicolóxico. TALLER SUPERACION       

 

9.092,00 €

Beneficiario: FEDERACION DE ASOCIACIONS GALEGAS DE FAMILIARES DE ENFERMOS DE ALZHEIMER (FAGAL)

Obxecto: PC-2 Programas formativos, xornadas técnicas, seminarios, congresos ou cursos. XX Xornadas Interdisciplinarias de FAGAL. Programa Formativo dirixido a coidadores de persoas con demencia

 

 

3.544,21 €

Beneficiario: FEDERACION GALEGA DE DANO CEREBRAL

Obxecto: PC-1 Charlas, foros, publicacións e campañas de sensibilización. CONTRIBUÍR A UNHA SOCIEDADE INFORMADA E MÁIS DIVERSA E INCLUSIVA, A TRAVÉS DA CONCIENCIACIÓN DA POBOACIÓN INFANTIL SOBRE A EXISTENCIA, CAUSAS E CONSECUENCIAS DO DCA

 

28.751,12 €

Beneficiario: FEDERACION GALEGA DE ENFERMEDADES RARAS E CRONICAS

Obxecto: AP-3 Programas de información/orientación e asesoramento en distintas materias. Servizo de Acollida Federación Galega de Enfermedades Raras e Crónicas

 

18.154,91 €

Beneficiario: FUNDACION FOLTRA

Obxecto: AP-1 Terapias de rehabilitación. PACIENTES CON DANO NEUROLÓXICO

 

37.000,00 €

Beneficiario: FUNDACION INGADA

Obxecto: AP-2: Apoio psicolóxico ás persoas afectadas de TDAH e as súas familias: Acompañamento no TDAH

 

14.506,75 €

Beneficiario: FUNDACION ODONTOLOGIA SOLIDARIA

Obxecto: AP-1 Terapias de rehabilitación. Clínica Odontoloxía Solidaria A Coruña: Coidados bucais para a inclusión social na provincia da Coruña

 

20.200,00 €

Beneficiario: LIGA REUMATOLOXICA GALEGA LOITA CONTRA O REUMATISMO

Obxecto: PC-1 Charlas, foros, publicacións e campañas de sensibilización. CAMPAÑA INTEGRAL DE PREVENCIÓN , INFORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN DAS ERyMEs (Enfermedades reumáticas y músculo esqueléticas)

 

12.850,00 €

 

TOTAL CONCEDIDO

 

 

476.630,13 €