Estás en:Novas

Antonio Leira e o alcalde de Oroso inauguran a Feira de Artesanía da XXIV Festa da Troita de Oroso

Antonio Leira e o alcalde de Oroso inauguran a Feira de Artesanía da XXIV Festa da Troita de Oroso

O deputado provincial Antonio Leira e o alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde, inauguraron esta mañá a Feira de Artesanía incluída na programación de actividades da XXIV Festa da Troita de Oroso, que celebra mañá o seu día grande co presidente da Fegamp, Alberto Varela, como pregoeiro.

Esta feira, organizada grazas á colaboración da Deputación da Coruña, reúne en Sigüeiro durante esta fin de semana a máis de 25 postos de artesanía. Xunto coa feira, o Concurso de Pesca de Adultos, os obradoiros infantís, a música folk de "Buxos verdes" e "Lembranzas do Tambre" e a verbena coas orquestras "Olympus" e "Miramar" foron os outros grandes atractivos do día de hoxe.