Valentín González Formoso, nomeado mago de honra polo alumnado do IES Eusebio da Guarda no seu 125 aniversario
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, foi nomeado "Mago de Honra" polo alumnado do IES Eusebio da Guarda da Coruña, que este ano conmemora o seu 125 aniversario.
Formoso asistiu este venres no Teatro Colón á obra teatral "Indo e vindo polo camiño", unha peza orixinal de Dolores Orellán, protagonizada por alumnos e alumnas do Eusebio da Guarda e outros centros educativos da cidade. Ao remate da obra, Formoso agradeceu o galardón e destacou a longa traxectoria do centro escolar, na que se formaron moitas xeracións de coruñeses e que hoxe segue a ser unha referencia do ensino público na cidade herculina.
1
5
Fotogalería