Formoso asistiu á clausura da Asamblea Xeral da CEG
![Formoso asistiu á clausura da Asamblea Xeral da CEG](/files/cache/042a7a0f01e43ff6c994bee2f39787b6_f50481.jpg)
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asistiu esta tarde en Santiago ao acto de clausura da Asamblea Xeral da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), na que o presidente da entidade, Juan Manuel Vieites, abordou algúns principais retos aos que se enfronta a economía galega e o tecido produtivo da comunidade para superar o encadeamento de crises que comezou coa pandemia en 2020.
Formoso destacou que Galicia ten por diante importantes retos como a reindustrialización, a transición ecolóxica e a dixitalización e grandes oportunidades, como os fondos europeos de recuperación, nas que as empresas teñen un papel protagonista.
1
3
Fotogalería