Estás en:Novas

A Deputación da Coruña súmase á campaña #LuzPolaELA iluminándose de verde no Día Mundial da Esclerose Lateral Amiotrófica

A Deputación da Coruña súmase á campaña #LuzPolaELA iluminándose de verde no Día Mundial da Esclerose Lateral Amiotrófica

A sede da Deputación da Coruña iluminarase de verde, sumándose á campaña #LuzPolaELA que promove a Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica do Día Mundial desta doenza, que se conmemora mañá, 21 de xuño.

Xunto con centos de edificios e monumentos de toda Galicia e España, as fachadas do Pazo Provincial e o Teatro Colón iluminaranse de verde para mostrar apoio da Deputación ás persoas afectadas por ELA e axudar a visibilizar a enfermidade, concienciando á sociedade das dificultades que esta implica no día a día dos afectados e afectadas por esta doenza neuromuscular dexenerativa e da necesidade de impulsar a investigación.