Estás en:Novas

O presidente da Deputación asistiu en Lugo ao tradicional acto da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia

O presidente da Deputación asistiu en Lugo ao tradicional acto da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asistiu hoxe en Lugo ao tradicional acto da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia.

Xunto con representantes das cidades da Coruña, Ourense, Santiago de Compostela, Tui, Betanzos e Mondoñedo, o presidente participou na recepción ofrecida no Concello polo alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e posteriormente no acto oficial da Ofrenda na Catedral de Lugo, onde o rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, actuou coma oferente.

Formoso destacou a tradición deste acto, que se vén celebrando desde 1669 na cidade de Lugo e sinalou que simboliza a unión das sete cidades do Antigo Reino de Galicia.