Estás en:Novas

A Deputación destaca a importancia dos “Ourives de Compostela” como marca de calidade e referencia de Galicia

O deputado de Promoción Económica, Blas García, puxo en valor durante a presentación da exposición "O esplendor do Camiño. Oito séculos de pratería e Acibeches en Compostela", a importancia para o patrimonio de Galicia que representan os ourives santiagueses
A Deputación aposta por potenciar un sinal de identidade de Galicia como é a artesanía levada a cabo por prateiros e acibecheiros

A Deputación destaca a importancia dos “Ourives de Compostela” como marca de calidade e referencia de Galicia

A Deputación da Coruña tomou parte hoxe no acto de inauguración da Exposición "O esplendor do Camiño. Oito séculos de pratería e Acibeches en Compostela", que tivo lugar esta tarde no salón nobre do Colexio de Fonseca. O deputado de Promoción Económica, Blas García, destacou a importancia dos ourives composteláns que fixeron e fan do seu traballo "unha marca de referencia en todo o territorio nacional, un sinal de identidade que tense que poñer en valor".
García lembrou que o traballo dos ourives santiagueses é parte da nosa cultura e do noso patrimonio desde hai máis de nove séculos "e polo tanto hai que poñelo en valor, e coidalo".
"Prateiros e acibecheiros, representados pola Asociación de Ourives de Santiago de Compostela, continúan o camiño emprendido hai séculos para manter intacto unha das sinais de identidade de Galicia", apuntou García que lembrou o necesario recoñecemento ao labor desenvolvido pola Asociación de Artesáns e Comerciantes "Ourives de Compostela".
"Temos que apoiar o impulso desta marca entre todas as administracións posto que Ourives de Compostela identifica un produto de calidade, da nosa terra, avalado por máis de nove séculos de vida", apuntou. .
Precisamente durante o acto houbo un recoñecemento público do apoio aos "Ourives de Compostela" de Mercedes Rosón Ferreiro, Paula Prado del Río e Mar Lorenzo Moledo.
Tamén estiveron presentes no acto o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o Conselleiro de Cultura, Educación, F.P. e Universidades, Román Rodríguez, o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López Díaz, o comisario da exposición, Fernando Martínez Vilanova, o presidente de "Ourives de Compostela", Arturo Ouro Hortas e o padriño da exposición, Fernando Mayer.