Estás en:Novas

EUROPE DIRECT A Coruña celebra o Ano Europeo da Xuventude cun evento artístico de obradoiros, música, danza e circo en Dumbría

A cita é o sábado 30 de xullo a partir das 18.30 horas nas pistas polideportivas situadas na contorna da Fervenza do Ézaro

A celebración, que está dirixida a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos, contará con talleres de disciplinas circenses, un espectáculo artístico de danza e circo e unha sesión musical a cargo de dous Dj

EUROPE DIRECT A Coruña celebra o Ano Europeo da Xuventude cun evento artístico de obradoiros, música, danza e circo en Dumbría

O centro EUROPE DIRECT A Coruña celebra o Ano Europeo da Xuventude cun evento artístico que terá lugar este sábado 30 de xullo en Dumbría, xunto a Fervenza do Ézaro. A celebración anima a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos a participar de actividades artísticas, colaborativas e de intercambio de experiencias a través da música e a práctica circense.

O evento #AñoEuropeoDeLaJuventud, que se organiza en colaboración co Concello de Dumbría, dará comezo ás 18.30 horas na pista polideportiva próxima á Fervenza do Ézaro. As primeiras actividades serán obradoiros de malabares, acrobacia, equilibrios e aéreos que están abertos á participación de xente nova maior de idade e nos que non é preciso anotarse con anterioridade.

Ás 20 horas dará inicio o espectáculo Año Europeo de la Juventud, unha performace artística que mestura danza e disciplinas de circo como aéreos, a roda Cyr, as acrobacias no chan ou o parkour.

A celebración pecharase cunha sesión de música que comeza ás 20.35 horas. Serán os Dj Jas Processor e Rey Dj os encargados de pechar o día cos seus remixes inclusivos e bailes universais.

Para información complementaria, pódese contactar a través do correo electrónico europedirect@dacoruna.gal, ou ben, no número de teléfono 981 080 331.

Hai tamén máis información dispoñible na seguinte páxina web: https://dacoruna.gal/europedirect/europe-direct-coruna/agenda/2022/evento-del-ano-europeo-de-la-juventud/