Estás en:Novas
O Concello acaba de rematar a contratación temporal do persoal que se ocupará do coidado dos areais.

A Deputación financia a limpeza das praias de Carnota cunha brigada de 14 persoas durante todos os meses de verán

A Deputación financia a limpeza das praias de Carnota cunha brigada de 14 persoas durante todos os meses de verán

A Coruña, 03 de agosto de 2022. A Deputación da Coruña financia a totalidade da limpeza das praias de Carnota durante todos os meses de verán. O investimento está enmarcado no programa MA100, de subvencións para a limpeza de praias marítimas, dirixido aos concellos da provincia da Coruña durante o exercicio 2022. O programa da Deputación contribúe á conservación ambiental e mellorar a imaxe das praias da provincia da Deputación da Coruña impulsa tamén con este programa a creación de centos de empregos durante os meses de verán.


No caso de Carnota, unha brigada composta por un total de 14 persoas encargarase da limpeza das praias deste municipio durante os meses de verán. O concello vén de finalizar o proceso de contratación temporal do persoal que se ocupará do coidado dos areais.


Distribuiranse en tres grupos de traballo e a actuación contempla a limpeza manual de todos e cada un dos areais, así como as áreas lindeiras a estes, a fin de manter en óptimas condicións de uso a zona de costa e preservar o valor natural e ecolóxico dos espazos e areais que conforman a fachada litoral do concello de Carnota.
A área de Medio Ambiente e Emprego da institución provincial destina este ano 900.000 euros para apoiar os concellos coruñeses no sostemento de gastos de contratación do persoal que se encarga da limpeza dos areais coruñeses durante o período estival, así como a adquisición do material necesario ou vestiario.
A Deputación lembra que A Coruña é a provincia española con máis quilómetros de costa e que as súas praias son un dos principais atractivos turísticos.