Estás en:Novas
O alcalde de Ames destacou "o éxito de participación na competición que terá lugar nas augas do Tambre, o que amosa que esta primeira edición do circuíto da Deputación está a ser un éxito pola gran participación e a expectación entre deportistas e clubs d

O 'I Circuíto de piragüismo Deputación da Coruña' chega Ames este sábado na súa quinta proba con máis de 350 inscritos

O 'I Circuíto de piragüismo Deputación da Coruña' chega Ames este sábado na súa quinta proba con máis de 350 inscritos

A Coruña, 03 de agosto de 2022. Este sábado 6 de agosto na praia fluvial de Tapia, en Ames, terá lugar a quinta proba do 'I Circuíto de piragüismo en augas tranquilas Deputación da Coruña' coa participación de máis de 350 inscritos.

No día de hoxe o deputado e alcalde de Ames, Blas García, e a deputada de Deportes, Cristina Capelán, presentaron a V proba do circuíto. O alcalde destacou "o éxito de participación na competición que terá lugar nas augas do Tambre, o que amosa que esta primeira edición do circuíto da Deputación está a ser un éxito pola gran participación, creando unha gran expectación entre deportistas e clubs de piragüismo da provincia. Diversificar, axudar e potenciar outros deportes, sobre todo na base, é a nosa obriga e neste caso é un exemplo o labor de clubs como o do Tambre, do que nos sentimos moi orgullosos".
No acto estiveron presentes tamén a concelleira de Deportes de Ames, Susana Señorís; Alfredo Bea, presidente de la Federación Gallega de Piragüismo; e José Ramón Mato, presidente do Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre.
Pola súa banda, Capelán indicou que "será a penúltima proba dun circuíto que xa se celebrou en Narón, Boiro, Outes Betanzos, Ames e culminará coa competición das Pontes", explicou a deputada, que lembrou que a Deputación destina máis de 4 millóns ao deporte con especial importancia á base.
Con idades entre 6 e 16 anos, farano nas seguintes categorías: pre-benxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete; nas correspondentes modalidades de caiac homes, caiac mulleres, canoa homes, canoa mulleres e paracanoe.
Os clubs con actividade da modalidade de piragüismo en augas tranquilas da provincia da Coruña son: Club Rías Baixas-Naut.Boiro, Club Grupo Xuvenil das Pontes, Club Náutico Ría de Betanzos, Club Kayak Mar Ría Muros Noia, Sociedade Deportiva As Xubias, Club Náutico de Cambre, Club Deportivo Náutico de Miño, Club Ribeiras do Tambre, Club Cabanas KDM, Club Náutico Firrete, Club Piragüismo Rianxo, Club Piragüismo Narón e Escola de Piragüismo de Outes. Terá unha duración aproximada de cinco horas.
Esta competición organízase nun sistema de circuíto integrado por seis regatas, que teñen lugar na provincia da Coruña. Establécense clasificacións individuais e por equipos para cada regata, e unha clasificación final do circuíto por equipos. En cada regata entréganse medallas ou trofeo ás tres primeiras/os clasificadas/os de cada categoría e modalidade, ademais de trofeos aos tres primeiros clubs.