Estás en:Novas

A Deputación apoia con 75.000 euros varias actividades da Tempada Lírica para 2022 de Amigos da Ópera da Coruña

O presidente da Deputación, o deputado de Cultura e a presidenta de Amigos da Ópera asinaron o convenio para o financiamento dunha ópera, un recital e un curso que desenvolve a asociación

González Formoso destacou "o valor das actividades que leva a cabo Amigos da Ópera, traendo á Coruña a figuras de recoñecido prestixio internacional, e formando novos talentos"

A Deputación apoia con 75.000 euros varias actividades da Tempada Lírica para 2022 de Amigos da Ópera da Coruña

A Deputación da Coruña apoia con 75.000 euros á asociación Amigos da Ópera da Coruña para o financiamento de varias actividades que forman parte da tempada lírica da Coruña durante o 2022. O presidente provincial, Valentín González Formoso, e a presidenta de Amigos da Ópera, Natalia Lamas, acompañados do deputado de Cultura, Xurxo Couto, asinaron o convenio de colaboración entre ambas entidades.

A Deputación apoia con 75.000 euros a realización da ópera 'A forza do destino', do curso de interpretación vogal de Mariella Devia e do recital de Luis Cansino, o que supón un 72,2% do orzamento total destas actividades, que ascende a 103.846 euros.

González Formoso destacou "o valor das actividades que leva a cabo, ano tras ano, Amigos da Ópera, traendo á cidade da Coruña a figuras de recoñecido prestixio internacional e, ademais, facendo un labor moi importante para a formación de estudantes e novos talentos".

Hai que lembrar que a colaboración da Deputación tamén permite financiar, ano tras ano, a totalidade da tempada lírica que deseña a asociación Amigos da Ópera da Coruña.