Estás en:Novas

A Deputación destina 120.000 euros para mellorar o firme de 6 estradas en Curtis

Renovarase o pavimento das vías de acceso aos núcleos das Merelas, Padreiro e As Paredes, dos tramos Abeledo-San Cristobo e Abeledo-A Pedreira e, por último, do camiño A Graña-Granxa Monte

A Deputación destina 120.000 euros para mellorar o firme de 6 estradas en Curtis

A Deputación da Coruña destina 120.000 euros para financiar dous proxectos que permitirán mellorar o firme nun total de 6 camiños e estradas pertencentes ao Concello de Curtis. O orzamento total destas dúas obras, que están a licitación pública no perfil do contratante municipal ata o 1 de setembro, é de 135.000 euros.

Por unha banda, destínanse 100.000 euros para a rehabilitación da capa de rodadura das vías que dan acceso ao núcleo das Merelas, Padreiro e As Paredes, e dos tramos Abeledo-San Cristobo e Abeledo-A Pedreira, que contan cun orzamento total de 104.000 euros. Neste caso os traballos consisten na limpeza de cunetas e na renovación do firme. No caso das vías que dan acceso aos citados núcleos tamén se ampliará a plataforma.

Pola outra, destínanse 20.000 euros ao proxecto de rehabilitación superficial do firme do camiño que vai desde A Graña ata o acceso á Granxa Monte, que conta cun orzamento total de 31.000 euros. A lonxitude total do tramo sobre o que se propón a actuación é de 3 quilómetros, actuando sobre el de forma discontinua.