Estás en:Novas

A Deputación destina 700.000 euros para ampliar e mellorar o firme da estrada que vai de

Na DP-6301 pasarase dunha plataforma de 4 metros de ancho a unha calzada de 8 metros con carrís de 3,5 metros e beiravías de 0,5 metros

Tamén se mellorarán as interseccións coa estrada DP-0106 de San Vicente de Vigo a Oza dos Ríos e coa que conecta con Limiñón

A actuación estará en fase de licitación pública no perfil do contratante provincial ata o 29 de agosto

A Deputación destina 700.000 euros para ampliar e mellorar o firme da estrada que vai de

A Deputación da Coruña destina 699.092 euros para levar a cabo o proxecto de ampliación e mellora do firme na estrada DP-6301, que vai de Serra de Abaixo a Porzomillos, no Concello de Oza-Cesuras. Esta obra estará en fase de licitación pública no perfil do contratante provincial ata o 29 de agosto.

A estrada DP-6301, que serve de acceso ao núcleo de Callobre, dispón actualmente dunha anchura media de catro metros, incluíndo tramos de 3 metros de ancho onde é difícil o cruzamento de vehículos. As obras que se han levar a cabo consistirán na ampliación da plataforma, pasando de 4 a 8 metros de ancho, con carrís de 3,5 metros e beiravías de 0,5 metros.

Por outra banda, inclúese a substitución da drenaxe transversal ao paso do regato da Pedra e a mellora das interseccións existentes coa estrada DP-0106, de San Vicente de Vigo a Oza dos Ríos no PK 0+000 e coa estrada municipal que conecta con Limiñón no PK 2+500.