Estás en:Novas

Club da Raíña Lupa

Achégate á Biblioteca da Deputación da Coruña para ler as mellores obras recentes da Literatura Infantil e Xuvenil galega da man das súas autoras e autores

Club da Raíña Lupa

'Non hai idade, hai literatura'

Nace un club de lectura ao abeiro do Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña para estender e socializar a idea de que a LIX vai máis aló do público estritamente infantil e xuvenil.


Esta iniciativa está coordinada pola gañadora da última edición, Andrea Maceiras, e terá lugar na Sala César Antonio Molina da Biblioteca provincial da Coruña, ás 18 h do último venres dos meses de abril, maio, setembro, outubro e novembro.

Segundo o calendario de lecturas o 25 de novembro estaremos con Andrea Maceiras con "Que se me pare o corazón se te esquezo".