CURSO DE ROBÓTICA E PROGRAMACIÓN
Traballaremos con BBC micro: bit que é unha pequena tarxeta de 4x5 cm. deseñada para que aprender a programar sexa fácil, divertido e ao alcance de todos. Grazas á gran cantidade de sensores que incorpora, só coa tarxeta pódense levar a cabo centenares de proxectos.
Dirixido a nen@s de 9 a 13 anos
HORARIO: de 10:30 a 12:00 h
LUGAR: Sala Manuel López
PRAZAS: 12
DATA DE INSCRICIÓN: Comeza o 3 de outubro
DATAS DO CURSO: Os sábados
- 22 e 29 de outubro
- 5, 12, 19 e 26 de novembro
- 3 e 17 decembro
- 14 e 21 de xaneiro
INSCRICIÓN
Poden inscribirse todos os socios/as na páxina web www.dacoruna.gal/biblioteca/actividades
premendo en Inscrición nas actividades TIC e elixindo o curso correspondente (teña o carné da biblioteca a man).
A páxina para inscribirse ás actividades activarase o 3 de outubro ás 10:30 h da mañá. Continuará aberta a inscrición ata que se cubran as prazas e a listaxe de agarda.
Nuns días, ás persoas que obtiveran a praza, comunicaráselles por correo electrónico. Crearanse listaxes de agarda coas persoas non admitidas.
12 prazas por curso.
Reservarase por curso, unha praza por nen@ (agás irmáns)
Para calquera dúbida, chame ao 981 080 171 ou escriba a biblioteca.infantilxuvenil@dacoruna.gal.
Os cursos son totalmente gratuítos. Por iso debemos estar concienciados do importantísimo que é o compromiso e a asistencia dos nenos/as á actividade todos os días.