Estás en:Novas

Semana Europea das Linguas na biblioteca da Deputación da Coruña

O 26 de setembro celebramos o Día de Europeo das Linguas e conmemoramos este día da man de  Europe Direct A Coruña agasallando os préstamos noutras linguas que teñamos nas diferentes seccións da Biblioteca

Semana Europea das Linguas na biblioteca da Deputación da Coruña


Semana Europea das Linguas na biblioteca da Deputación da Coruña

O 26 de setembro celebramos o Día de Europeo das Linguas e conmemoramos este día da man de Europe Direct A Coruña agasallando os préstamos noutras linguas que teñamos nas diferentes seccións da Biblioteca.

  • Entre as persoas que presten da biblioteca dixital EbiblioDaCoruna recursos noutras linguas o 26 de setembro poderán levar unha camiseta da EU UE proporcionada por Europe Direct A Coruña.

  • Recuncho temático con literatura noutras linguas no 1º andar de préstamo de persoas adultas e na sección infantil e xuvenil da biblioteca. Todas as persoas que leven material prestado deste recuncho poderán levar de agasallo material promocional proporcionado por Europe Direct A Coruña.
  • E na fonoteca unha selección de cine europeo, tamén con cada préstamo desta selección poderás levar un agasallo.
  • Lembrámosvos no vestíbulo da Biblioteca está dispoñible o Punto de Información da Unión Europea ; un punto con material informativo de balde sobre a Unión Europea e proporcionado por Europe Direct A Coruña